Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Nutrición Humana e Dietética

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Fisioterapia, podología, nutrición y dietética, terapia ocupacional, óptica y optometría y logopedia
Centro(s)
Facultade de Ciencias
Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
Lugo
982824095 (Conserxaría)
982824009 (Decanato)
ciencias.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
estudantes de nutricion

A titulación ten como obxectivo xeral a formación dun profesional da saúde, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, e a saúde pública.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2502222
    Número prazas: 60

    Decano/a ou director/a do centro:
    ASTERIA MARIA LUZARDO ALVAREZ
    asteriam.luzardo@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jesús Antonio Casabiell Pintos
    x.casabiell@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10)

    Data de publicación no BOE:
    3 de marzo de 2011

    Data da última acreditación:
    08/07/2015

    Habilitación profesional:
    Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Dietista-Nutricionista.

    A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de “un profesional da saúde”, con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social.

  • Non se contempla

  • Non se contemplan

  • Das 11 aulas de propósito xeral con que conta a facultade, 4 están destinadas exclusivamente ao Grao en Nutrición Humana e Dietética. Así mesmo, conta con aulas-seminario e aulas de informática, e laboratorios con capacidade media de 30 persoas.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha sala de lectura con arredor de 70 postos e ordenadores.

    O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros. A Biblioteca conta con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de “un profesional da saúde”, con titulación universitaria, recoñecido como un experto en alimentación, nutrición e dietética, con capacidade para intervir na alimentación dunha persoa ou grupo, desde os seguintes ámbitos de actuación: a nutrición na saúde e na enfermidade, o consello dietético, a investigación e a docencia, a saúde pública desde os organismos gobernamentais, as empresas do sector da alimentación, a restauración colectiva e social.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Prácticas preprofesionais, cunha avaliación final de competencias, en hospitais, centros de asistencia primaria e socio-sanitarios, organizacións comunitarias, industrias alimentarias e de restauración colectiva, que permitan incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito clínico, administrativo ou de saúde pública relacionadas coa nutrición humana e dietética.

  • O traballo Fin de Grao poderase realizar unha vez superados 198 créditos obrigatorios excluíndo o Practicum. No momento da presentación do proxecto o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para a obtención do título (234 créditos).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.