- Entidade
- Deputación da Coruña
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

A Deputación Provincial da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación, co obxectivo de apoiar a actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.
Requisitos:
- Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
- Posuír titulación universitaria (licenciatura, diplomatura, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
- Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado ou volante de empadroamento cunha antigüidade ininterrompida mínima dun ano.
- Cada persoa interesada poderá presentar unha única solicitude.
- As persoas solicitantes que xa fosen titulares de bolsa en tres convocatorias anteriores estarán excluídas de participar nesta.
- As persoas interesadas en participar en cada convocatoria deberán presentar unha solicitude de xeito telemático no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL.
- remuneración: 10.000 € cada bolsa.
20 bolsas distribuídas nas seguintes áreas:
- Área de artes e humanidades: 5 bolsas
- Área de ciencias: 4 bolsas
- Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
- Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
- Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
Os traballos de investigación deberán desenvolverse no período 2025-2026, cunha duración mínima de nove meses a contar desde a publicación da concesión definitiva das bolsas.