Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Co-financiado pola UE
Estadías de investigación na USC para estudantes de doutoramento procedentes de universidades socias

 

O programa Erasmus+ permite a realización de estadías de investigación na que realizarán actividades directamente relacionadas coa súa tese de doutoramento.

  • As Universidades socias deben nominar aos seus estudantes cando menos 2 meses antes da mobilidade

    Para a nominación as universidades socias deben enviar un email a erasmus@usc.gal: nome e apelidos do/a estudante, correo electrónico, área de estudos e período da estancia.

    Todos os estudantes nominados recibirán un email de benvida co seu usuario e contrasinal necesarios para poder realizar a súa solicitude de admisión online. 

    O prazo para que os estudantes realicen a solicitude de admisión como Erasmus+ na USC é ao menos 1 mes antes de realizar a súa mobilidade. 

    Os estudantes deberán subir ao sistema online a seguinte documentación: 

    • Acordo de estudos firmado pola súa universidade de orixe
    • Copia escaneada do Documento de identidade
    • Confirmación do nivel de español/inglés (mínimo requirido B1).