A presente convocatoria ofrece 12 axudas para a realización de estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento na USC a persoas que cumpran os requisitos.
Establécese unha cota de 5 axudas para solicitantes procedentes de Palestina, 4 para solicitantes procedentes de Ucraína e 1 para estudantes procedentes de Líbano. As axudas destas cotas que non sexan adxudicadas pasarán á xeral.
-
Requisitos das persoas destinatarias das axudas
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser orixinario/a dun país de fóra da Unión Europea e non posuír dobre nacionalidade con algún país membro.
b) Cumprir calquera dos seguintes supostos: (i) posuír o estatuto de refuxiado/a en España, conforme a Lei 12/2009, de 30 de outubro, reguladora do Dereito de Asilo e da Protección Subsidiaria ou telo solicitado antes do remate do prazo da presente convocatoria; (ii) posuír o estatuto de protección temporal en España; (iii) posuír acreditación da condición de refuxiado/a por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) ou da Axencia da ONU para os Refuxiados de Palestina (UNRWA); (iv) acreditar a procedencia de zonas en conflito.
c) Estar matriculado/a ou en condicións de formalizar matrícula no curso 2025-2026 en calquera dos programas de estudos oficiais da USC a nivel de grao, máster ou doutoramento. A adxudicación final da axuda quedará condicionada á efectiva admisión por parte da USC da persoa solicitante seguindo as canles regulamentarias establecidas para tal efecto.
d) No caso de estudantado de grao e mestrado, posuír coñecementos da(s) lingua(s) de impartición da docencia da titulación correspondente, de conformidade co establecido no Acordo de Consello de Goberno de 28 de febreiro de 2019 e modificacións posteriores.
e) No caso de estudantado de doutoramento, posuír coñecementos lingüísticos suficientes que lle permitan desenvolver de xeito satisfactorio a súa actividade de formación predoutoral.
Duración e contía das axudas
a) Matrícula no curso académico 2025-2026 nunha titulación oficial de grao, mestrado ou doutoramento. No caso de que dita matrícula xa se tivera efectuado con anterioridade á concesión da axuda, reembolsaráselle á persoa beneficiaria o importe da mesma, previa presentación da documentación que acredite o seu pago.
b) Unha praza de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC.
c) Dotación de 400€ mensuais para gastos de manutención. O pago desta contía será efectuado mensualmente polo procedemento previsto na normativa da USC.
d) Matrícula en dous cursos semestrais de español ou galego no Centro de Linguas Modernas da USC.
-
Ligazón ó taboleiro do documento da convocatoria
Prazo de presentación de solicitudes: 12/ 06/ 2025 - 07/ 07/ 2025
-
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (publicada o 11/06/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria
Resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas (publicada o 11/07/2025)
Corrección de erros_Resolución provisional de solicitudes admitidas e excluídas (publicada o 21/07/2025)
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas no programa de axudas a persoas procedentes de zonas en conflito_2025-2026 (publicada o 29/07/2025)
Resolución provisoria de adxudicacións do programa de axudas para persoas procedentes de zonas de conflito_2025-2026 (publicada o 30/07/2025)
Resolución definitiva de adxudicacións do programa de axudas para persoas procedentes de zonas de conflito_2025-2026(publicada o 11/08/2025)