Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A través da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, a USC publica a convocatoria de axudas para persoas procedentes de zonas en conflito para o curso académico 2024-2025

A presente convocatoria ofrece 12 axudas para a realización de estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento na USC a persoas que cumpran os requisitos. 
 

Establécese unha cota de 5 axudas para solicitantes procedentes de Palestina e 4 para solicitantes procedentes de Ucraína. As axudas destas cotas que non sexan adxudicadas pasarán á xeral. 
 

  • Requisitos das persoas destinatarias das axudas

    Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
    a)    Ser orixinario/a dun país de fóra da Unión Europea e non posuír dobre nacionalidade con algún país membro.
    b)    Cumprir calquera dos seguintes supostos: (i) posuír o estatuto de refuxiado/a en España, conforme a Lei 12/2009, de 30 de outubro, reguladora do Dereito de Asilo e da Protección Subsidiaria ou telo solicitado antes do remate do prazo da presente convocatoria; (ii) posuír o estatuto de protección temporal en España; (iii) posuír acreditación da condición de refuxiado/a por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) ou da Axencia da ONU para os Refuxiados de Palestina (UNRWA); (iv) acreditar a procedencia de zonas en conflito. 
    c)    Estar matriculado/a ou en condicións de formalizar matrícula no curso 2024-2025 en calquera dos programas de estudos oficiais da USC a nivel de grao, máster ou doutoramento. A adxudicación final da axuda quedará condicionada á efectiva admisión por parte da USC da persoa solicitante seguindo as canles regulamentarias establecidas para tal efecto.
    d)    No caso de estudantado de grao e mestrado, posuír coñecementos da(s) lingua(s) de impartición da docencia da titulación correspondente, de conformidade co establecido no Acordo de Consello de Goberno de 28 de febreiro de 2019. 
    e)    No caso de estudantado de doutoramento, posuír coñecementos lingüísticos suficientes que lle permitan desenvolver de xeito satisfactorio a súa actividade de formación predoutoral.
     

    Duración e contía das axudas

    a)    Matrícula no curso académico 2024-2025 nunha titulación oficial de grao, mestrado ou doutoramento. No caso de que dita matrícula xa se tivera efectuado con anterioridade á concesión da axuda, reembolsaráselle á persoa beneficiaria o importe da mesma, previa presentación da documentación que acredite o seu pago.
    b)    Unha praza de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC.
    c)    Dotación de 400€ mensuais para gastos de manutención. O pago desta contía será efectuado mensualmente polo procedemento previsto na normativa da USC.
    d)    Matrícula en dous cursos semestrais de español ou galego no Centro de Linguas Modernas da USC.
     

  • Ligazón ó taboleiro do documento da convocatoria 

  • Oficina de Captación Internacional

    Pavillón de Estudantes
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2024.