As estadías como estudante visitante están dirixidas ó alumnado que non pode acollerse a ningún programa de mobilidade.
O alumnado procedente doutra universidade nacional ou estranxeira que desexe vir estudar un semestre ou dous na USC fóra de programas de intercambio, e mesmo se a universidade de orixe non ten convenio coa USC, pode facelo a través desta modalidade.
Deberá enviar a documentación requirida ó enderezo de correo electrónico study.abroad [at] usc.es (study[dot]abroad[at]usc[dot]es). Tamén poderá tramitarse a través do seguinte formulario web.
A matrícula pode realizarse en materias de diferentes titulacións oficiais de grao ou mestrado, sempre supeditadas ao informe favorable de cada facultade.
Ao remate da estadía, poderase solicitar unha certificación académica coas materias cursadas e as calificacións obtidas.
Malia non haber datas específicas, é recomendable ter como data límite de referencia o mes anterior ó inicio do semestre no que se quere cursar estudos:
- Finais de maio para o primeiro semestre (setembro - xaneiro)
- Finais de outubro para o segundo semestre (febreiro - maio)
A documentación requirida é a seguinte:
- Formulario de solicitude cuberto e asinado
- Pasaporte
- Certificado académico completo dos estudos cursados na universidade de orixe
- Currículum Vitae
- Carta de motivación
- Carta de recomendación
- * Podería precisarse o certificado B1 de español dependendo da procedencia da persoa.
O prezo por crédito (ECTS) será o que determine anualmente o Consello Social da USC.
No curso académico 2023/ 24 establécese o seguinte para o alumnado alleo e pertencente ó Espazo Europeo de Educación Superior:
Alleos EEES | EEES | |
---|---|---|
Epígrafe A (Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñarías e Arquitectura) | 86,17€ | 55,00€ |
Epígrafe B (Arte e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas) | 60,83€ | 39,00€ |
1. O procedemento iníciase cunha solicitude da persoa interesada, que deberá presentar antes do inicio das actividades académicas. Nesta solicitude deberá concretar as materias que desexa cursar, os motivos do seu pedimento, a universidade de procedencia e os estudos cursados. Para presentala deberá cubrir o formulario habilitado para este procedemento e achegar tamén a documentación requerida.
2. Os servizos pertinentes verificarán que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionarán a resolución, favorable ou non, que será notificada á persoa interesada.
3. No caso de ser favorable, enviarase á persoa solicitante da estadía unha carta de admisión coa que poderá formalizar a súa matrícula na USC. Ademáis, no caso de precisar visado, este documento é válido como acreditación de ter a admisión concedida nun centro de ensinanza autorizado en España.
4. Xa en España, será responsabilidade da persoa formalizar a súa matrícula na Unidade de Xestión Académica e nas datas indicadas.
Oficina de Captación Internacional
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- study.abroad [at] usc.gal