Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Obradoiro básico teórico e práctico de elaboración de queixos

26/10/2023 - 9.00 horas

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias

O programa promovido ao abeiro do Plan de Formación do Campus Terra 2023 e aberto a estudantes e ao sector produtivo. As prazas son limitadas e inscrición xa está aberta en liña

Cartaz do obradoiro
Cartaz do obradoiro

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebra nas súas instalacións o 26 de outubro, a partir das 9.00 horas, un obradoiro básico de elaboración de queixo que inclúe formación teórica e práctica.

A inscrición nesta actividade, incluída no Plan de Formación do Campus Terra 2023 e orientada a alumnado e tamén a axentes do sector produtivo,  é de balde e xa permanece aberta en liña. As prazas son limitadas e o taller será impartido por técnicos da APLTA.

O programa formativo desenvolverase en quenda de mañá, de 9.00 a 15.00 horas. Nas sesións teóricas, as persoas participantes poderán ampliar coñecementos respecto da distinta tipoloxía de queixos: frescos, pasta branda, pasta prensada, pastas azuis, pastas floridas, pastas filatas, queixo fundido...

As clases prácticas permitirán ao público asistente ser protagonista do proceso de elaboración dun queixo tipo Arzúa-Ulloa e coñecer así de primeira man os distintos procesos que van desde a preparación do leite, coagulación, corte-axitación, deslactosado-salgadura, preprensadura-moldeamento-prensadura-desmoldeamento, secado e maduración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2023.