Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Explicar e comprender a realidade xeográfica de Galicia como un espazo dinámico, que é resultado da interacción de procesos socioeconómicos e culturais que actuaron sobre un marco natural e histórico.
• Coñecer e comprender a realidade histórica de Galicia, valorando os procesos que permiten identificala como un territorio diferenciado en España.
• Analizar a función do medio natural, dos recursos naturais e das actividades produtivas na configuración do espazo xeográfico galego, valorando a vulnerabilidade e o grao de deterioro do medio ambiente e tomando conciencia da necesidade de coñecer antes de actuar, para manter o equilibrio entre a natureza e o home.
• Identificar e interpretar a poboación como recurso, identificando as características demográficas actuais, as diferenzas territoriais e as perspectivas de futuro.
• Coñecer as repercusións que tivo sobre Galicia a integración na Unión Europea.
I.- OS CONCEPTOS XEOGRAFICOS.
II.- O FEITO DIFERENCIAL GALEGO: A CONSTRUCIÓN HISTÓRICA DUN TERRITORIO NO OCCIDENTE EUROPEO E IBÉRICO.
• A Gallaecia: a ordenación dun territorio excéntrico.
• As claves xeográficas do mundo medieval: o foro e o renacemento urbano
• Os Séculos Escuros: inercias, transformacións e fracasos nos espazos agrario e industrial.
• Conciencia e reivindicación de Galicia: o lento camiño cara á modernización
• A autonomía de Galicia no marco constitucional español
III.- O MEDIO NATURAL: ESTRUTURA, DINÁMICA E MEDIO AMBIENTE
• As diversidades xeolóxica, morfolóxica, climática, hídrica e bioxeográfica
• As unidades morfoestruturais
• Natureza e recursos en Galicia: materias primas, fontes e recursos enerxéticos
• Territorio e paisaxe
• medio ambiente nos espazos naturais galegos: conservación e impactos
IV.- O ESPAZO XEOGRÁFICO NAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS
• Espazo e aproveitamento do sector agropecuario:Transformación e problemática do espazo rural galego e a reconversión da actividade pesqueira
• Espazos e actividades industriais:
• A crise da planificación indutiva e a realidade actual da industria en Galicia
• espazo dos servizos:O proceso de terciarización da economía galega
- Transportes e comunicacións como elementos de organización territorial
- Turismo e ocio: impacto espacial e medioambiental
V.- OS RECURSOS HUMANOS E A ORGANIZACIÓN DO POBOAMENTO
• A poboación de Galicia e as súas claves: envellecemento e inmigración
• Os sistemas intra e interurbano: a peculiaridade da rede urbana de Galicia
VI.- A NOSA CIDADE: SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Santos Solla, X. M. Piñiera Mantiñán, M. J. (Cood.). (2011). Nova Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
OTERO PEDRAYO, R. (1980): Guía de Galicia. Vigo, Galaxia.
PEREZ ALBERTI, A (DIR) (1993): Xeografía de Galicia (varios tomos). Gran Enciclopedia Galega.
TORRES LUNA (DIR) (1986): Geografía de Galicia. La Coruña, Xuntanza (3 vols).
VILLARES PAZ, R. (2004): A Historia. Vigo, Galaxia.
VV.AA (1996): A Xeografía. A Coruña, Hércules.
PEREZ LUGIN, A. (2008): La casa de la Troya. Santiago, USC.
•Procura, análise e comentario de fontes e documentos cartográficos, estatísticos, literarios e xornalísticos.
•Aplicación de métodos sistemáticos na análise e interpretación de feitos e procesos xeográficos.
•Interpretación das paisaxes galegas: as saídas ao campo como fonte de información e como aplicación do principio de observación directa.
•Valorar o patrimonio natural e social de Galicia.
•Adoptar unha postura actitudinal positiva ante os problemas medioambientais e sociais galegos.
A materia estrutúrase en 5 bloques temáticos. A explicación de cada un deles completarase co traballo persoal do alumnado, a quen se lle facilitará a bibliografía específica.
Proponse, como actividade academicamente dirixida, a elaboración dun traballo sobre Santiago de Compostela para reconstruír os procesos de cambios que se operaron ao longo do século XX.
Conxuntamente coa bibliografía, que lles será facilitada, o alumnado terá que recoller información ao respecto nas fontes publicadas, na hemeroteca e nos organismos oficiais para con posterioridade analizala, representala –de selo caso– e interpretala.
Este exercicio favorece a toma de contacto e a familiarización coas fontes e a posta en aplicación de diferentes sistemas de tratamento e diversas metodoloxías. Ademais, tamén serve de estímulo para o desenvolvemento dun exercicio de síntese xeográfica, axuda a valorar o seu contorno e suscita actitudes positivas ante problemas medioambientais e sociais. Durante o curso recomendaráselles a asistencia a conferencias e exposición cando se considere que son complemento ao que se esta a trata
Pártese dunha avaliación formativa, valida para coñecer o nivel de coñecementos do alumnado e para comprobar a eficacia do método empregado, impoñéndonos unha autocrítica para rectificar aqueles aspectos nos que o rendemento do alumnado non acada os obxectivos fixados. Realizaranse una proba escrita (30 % da nota), nas que serán tidos en conta o nivel de coñecementos e as destrezas, así como a maneira de expoñer por escrito e razoar en termos xeográficos as cuestións relativas á Xeografía de Galicia. A cualificación completarase coas notas obtidas nas prácticas presenciais, co traballo de investigación sobre a cidade e coa asistencia a conferencias (60% da nota). Considéranse como elementos de ponderación da nota final a asistencia as clases, a corrección ortográfica e gramatical, e a expresión oral no momento das exposicións (10%).
Raul Soutelo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- raul.soutelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Jueves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Gallego | 5512 Aula 6-7 C2 Facultad CC Educación |