Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Conferencia ‘Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención’

22.04.2025 | 16.30h

A cargo da traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero Sabela Salgueiro

Instituto da Lingua Galega
Instituto da Lingua Galega

A traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero Sabela Salgueiro impartirá o martes 22 de abril a conferencia ‘Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención’ organizada pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC. Será ás 16:30 horas na sala de divulgación do Instituto.

A ciberviolencia sexual é unha forma de violencia que se desenvolve no ámbito dixital e reflicte desigualdades de xénero presentes na sociedade. Este relatorio ten como obxectivo achegar o público a unha comprensión clara deste fenómeno e proporcionar ferramentas prácticas para previr, identificar e responder a estas situacións, promovendo a construción de espazos dixitais máis seguros e igualitarios.

A entrada a este evento é aberta previa inscrición, e tamén poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do ILG, aínda que nese caso non se acreditará a asistencia.
 

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.04.2025.