Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Proxección do documental Survey City e conversa co seu director, Sanjay Srivastava

24.03.2025 | 18.30h

Salón de Actos

Póster do documental
Póster do documental

O Seminario de Futuros Urbanos (SFU) de ANTE e do IDEGA da USC organiza o luns 24 o visionado do filme documental Survey City e conversa cun dos seus directores, o profesor da Universidade de Londres Sanjay Srivastava. A sesión será ás 18:30 horas na Salón de Actos da Facultade de Filosofía.

Sanjay Srivastava intervirá nesta sesión conxunta organizada polo SFU e o Cine Club Mazarelos e que leva por título ‘Survey City, unha produción fílmica para documentar as lóxicas e desafíos do urbanismo autoconstruído e precario desde as marxes de Delhi’.

Srivastava é profesor investigador distinguido no Departamento de Antropoloxía do SOAS, na Universidade de Londres, logo de estar na Universidade de Delhi. Entre as súas publicacións clave figuran Constructing Post-colonial India: National Character and the Doon School (1998); Passionate Modernity, Sexuality, Class and Consumption in India (2007);  Entangled Urbanism: Slum, Gated Community and Shopping Mall in Delhi and Gurgaon (OUP, 2015) e Masculinity Consumerism and the Post-National Indian City. Streets, Neighbourhoods, Home (2022). 

Os seus intereses de investigación céntranse no consumismo, as culturas urbanas e as etnografías do Estado. Actualmente está a traballar nun manuscrito titulado Satellite maps and Ancestor Spirits. Rural Land Markets, Technology and New Urban Formations in India.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.03.2025.