Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

II Xeira CLARIAH-GAL

09.05.2025 | 09.00h-19.30h

Salón de Graos

A xeira será en Filoloxía
A xeira será en Filoloxía

Dar a coñecer as infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e pór en contacto proxectos e grupos galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais é o propósito da II Xeira CLARIAH-GAL que, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía.

Ademais de conferencias e comunicacións por convite, presentaranse tamén pósters de proxectos relacionados coas Artes, Ciencias Sociais e Humanidades Dixitais que se estean levando a cabo en Galicia ou por grupos de investigación galegos. As persoas interesadas en presentar un póster do seu proxecto, liña de investigación, recurso ou grupo de investigación nesta xeira, deben enviar un resumo ata o 31 de marzo a ilgsec@usc.gal.

O nodo galego
CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura de investigación dixital distribuída constituída por un grupo multidisciplinar de expertos de dez institucións españolas de investigación. A súa misión é coordinar a participación de España nos Consorcios Europeos de Infraestruturas de Investigación CLARIN e DARIAH, facilitar o avance da investigación española en humanidades, artes e ciencias sociais e promover o posicionamento estratéxico en proxectos e programas internacionais, principalmente no contexto do Espazo Europeo de Investigación.
 

Cartel do encontro
Cartel do encontro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.03.2025.