Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Chega á ETSE o IMPACT-THON USC, un encontro en formato hackathon para converter ideas en proxectos reais

O encontro desenvólvese en formato hackathon
O encontro desenvólvese en formato hackathon
Dirixido a equipos emprendedores cunha idea de negocio con impacto social ou ambiental baseada en tecnoloxía

Do 10 ao 17 de marzo desenvolverase na ETSE e no Edificio Emprendia o IMPACT-THON USC, un programa intensivo, en formato hackathon, de acompañamento para o desenvolvemento de ideas de negocio con impacto social ou ambiental, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e baseadas en solucións tecnolóxicas.

A iniciativa, convalidable por dous créditos, está pensada como unha experiencia de traballo intensivo e colaborativo para equipos emprendedores, que atoparán durante unha semana a oportunidade de desenvolver unha solución tecnolóxica con impacto real, cun plan de acción enfocado a crear unha startup exitosa. A dinámica rematará coa presentación final dos respectivos traballos e a entrega de premios para os mellores proxectos.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, na que participa a USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE). Desenvólvese ademais co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través da súa liña de axudas para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2025.