Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

O estudio 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación dótase de tecnoloxía de última xeración

As melloras xa están dispoñibles para o conxunto da comunidade do centro, como puido comprobar o reitor
As melloras xa están dispoñibles para o conxunto da comunidade do centro, como puido comprobar o reitor
O centro avanza no proceso de dixitalización integral destas instalacións ao tempo que permitirá implantar medidas de aforro enerxético

O estudio 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación vén de seguir un proceso de dixitalización integral para traballar na actualidade con sinal SDI en todos os equipos. As melloras xa están dispoñibles para o conxunto da comunidade do centro, como puido comprobar este xoves o reitor da USC Antonio López nunha visita á sesión interactiva da materia Información televisiva de 2º de Xornalismo. 

A actualización continua desta instalación repercute na capacidade de achegar ao conxunto dos estudantes que seguen estudos nesta Facultade recursos na liña dos que poderán atopar no exercicio da súa práctica profesional. Así, propíciase un mellor coñecemento das prácticas e rutinas a abordar no futuro profesional máis inmediato profundando, en paralelo, na mellora continua da calidade dos procesos docentes.

Grazas ás últimas actualizacións neste recurso dotacional da Facultade, o control técnico conta con tres cámaras coa súa CCU (Camera Control Unit), servidor de vídeo, mesturador, gravación directa en SSD e tarxetas SD e teleprompter, todos eles de última xeración. Isto complétase coa renovación da grella de iluminación, dotada de elementos de luz led, na liña iniciada pola USC para fomentar o aforro enerxético dos seus centros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2025.