
A Cátedra nace co propósito de favorecer a investigación e transferencia de temática rosaliana realizada tanto en Galicia como na Península, así como no ámbito académico internacional. O propósito é o de constituírse nun referente da investigación e difusión da obra e figura da escritora santiaguesa, mais tamén de aspectos relacionados co seu momento históricos e con liñas de investigación de relevancia para o afondamento do saber sobre a súa obra.