Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

O Instituto de Materiais da USC abre as súas portas ao público o 11 de febreiro

Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC
Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto de Materiais da USC (iMATUS) organiza o 11 de febreiro unha sesión de portas abertas na que se presentarán algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador.

Abertas a todo o público, haberá tres sesións dunha duración aproximada de 1 hora -ás 16.00, 17.00 e 18.00 horas- para as que é preciso solicitar cita previa no correo imatus.info@usc.es (antes do día 10 de febreiro ás 14.00 horas) indicando nomes e preferencia horaria, de habela. A asignación de prazas farase por estrito orde de solicitude.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.02.2025.