Diego Allen-Perkins, Alberto Franco, Guadalupe Jiménez, Enrique Latorre e Iolanda Martínez galardoados nos XV Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación
Na XV edición dos premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación, as profesoras do departamento Guadalupe Jiménez e Iolanda Martínez e o profesor Enrique Latorre veñen de ser recoñecidos co 3º premio pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC (OIX) polo seu labor nesta tarefa. Entre os tres levaron a cabo o proxecto “Memorias feministas e LGTBIQ+ en movemento”, do que recollemos un breve resumo:
Co interese de amosar as contribucións das mulleres e as disidencias sexuais á loita polos dereitos sociais, así como para poñer en diálogo a axenda feminista universal e as realidades locais na Galiza, dende tres materias vencelladas a tres áreas de coñecemento distintas do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveuse a experiencia que presentamos a estes premios da OIX: o proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) «Memorias feministas e LGTBIQ+ en movemento». A implementación do proxecto contemplou a participación transversal de 5 docentes e case 100 estudantes de tres materias do primeiro curso do Grao en Filosofía: Introdución á Filosofía Política, Semiótica e Antropoloxía e Filosofía do Xénero.
O proxecto «Memorias feministas e LGTBIQ+ en movemento» xorde da necesidade metodolóxica e política de reconstruír os relatos silenciados polas versións hexemónicas e patriarcais da historia e a memoria. Como un dos seus eixes centrais, o proxecto defende a importancia de historizar ás mulleres e ás disidencias sexuais e de xénero de maneira interseccional, así como visibilizar as súas loitas polos dereitos sociais e conectalas co presente.
Con este obxectivo, para a execución do proxecto contouse coa colaboración do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CIDF) do Consello da Cultura Galega (CCG) e a formación específica de persoal experto nas aulas. Esta colaboración permitiu conectar ou pasado co presente, poñendo en relación vos materiais de arquivo do CDIF coas investigacións máis recentes sobre ou movemento feminista e LGTBIQ+ contemporáneo.
Con este proxecto procuramos pois reflexionar sobre a construción do xénero e da memoria; coñecer e analizar as loitas históricas e contemporáneas dos movementos feministas e queer; e traballar na reconstrución colectiva dunha memoria colectiva feminista.
O departamento de Filosofía e Antropoloxía e a Facultade de Filosofía felicitan a todos os agraciados por este logro.