Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)

O Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS) creouse en 1998 co obxectivo de ser un “Centro de Investigación, desenvolvemento, innovación, transferencia e formación en campos relacionados coa biotecnoloxía aplicada á acuicultura e á conservación dos recursos da acuicultura”. Os grupos que o compoñen abarcan aspectos de I+D relacionados coa Biotecnoloxía en Acuicultura, incluída a Xenética, a Microbioloxía, a Patoloxía, a Inmunoloxía, a Fisioloxía e a Bioquímica, aplicados ás dúas áreas principais da acuicultura: a piscicultura e o cultivo de invertebrados (moluscos e crustáceos), incluíndo as poboacións cultivadas e salvaxes.

 

A súa produtividade queda amosada nos máis de 300 proxectos de investigación e contratos con empresas no período 2012-2019, así como as máis de 400 publicacións en revistas JCR con índices de impacto de ata 7. No ámbito da formación, o IA coordina un mestrado oficial e un programa de doutoramento; tamén organiza cursos de formación continua para profesionais e técnicos da administración na contorna rexional.

É no ámbito dos servizos tecnolóxicos onde se ofertan e executan, tanto no ámbito rexional como nacional e internacional, os servizos fundamentais relacionados coas áreas de microbioloxía, patoloxía e xenética.

Contacto

Instituto de Acuicultura
Constantino Candeira s/n Campus Vida.
Universidade de Santiago de Compostela
15782 - Santiago de Compostela

881 816 046
instituto.acuicultura.secretaria@usc.es
Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2025.