Pasar al contenido principal

Ciencias da Educación mostra os fitos das migracións femininas

Mar Lorenzo, xunto con Miguel A. Santos e Emilio Crespo
Mar Lorenzo, xunto con Miguel A. Santos e Emilio Crespo na inauguración deste venres
Poderá visitarse na sede da Facultade no Campus Sur ata o 13 de novembro

O grupo de investigación Esculca, coincidindo co Seminario de Atención Educativa ao alumnado inmigrante, organiza a exposición ‘As Mulleres tamén emigran’, unha produción da Fundación 10 de Marzo que percorre os principais fitos das migracións femininas ao longo da historia. Esta mostra estará dispoñible na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) ata o 13 de novembro en horario de 9.00 a 21.00 horas. A inauguración no espazo universitario o venres 3 contou coa presenza da decana do centro Mar Lorenzo Moledo; o coordinador do grupo, Miguel A. Santo Rego; e do secretario da Fundación promotora, Emilio Crespo Correa.

Cada panel inclúe, xunto cos imaxes alusivas, testemuños directos das mulleres emigrantes, extraídos de fontes bibliográficas ou de enquisas realizadas polos autores da exposición. Para as imaxes realizouse unha escolma entre as máis significativas. Como explican dende o equipo promotor da exposición, esta combinación de contidos axudará a comprender a esencia das situación derivadas dos procesos migratorios así como a comprender as situacións cotiás e sentimentos das mulleres obrigadas a vivir lonxe dos seus lugares de orixe.

 

Público asistentes á exposición
A exposición recibiu esta mañá as súas primeiras visitas
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2023.