Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Aberto o prazo para inscribirse nas actividades de verán do CLM

As actividades ofertadas son catalán inicial, checo (sen nivel), francés inicial, francés intermedio, galego intermedio, inglés avanzado presencial e inglés avanzado en liña. FOTO: Santi Alvite
As actividades ofertadas son catalán inicial, checo (sen nivel), francés inicial, francés intermedio, galego intermedio, inglés avanzado presencial e inglés avanzado en liña. FOTO: Santi Alvite
Diríxense a alumnado, resto da comunidade universitaria e a calquera persoa interesada maior de 16 anos
Santiago de Compostela

A USC convoca as actividades de verán 2023 do seu Centro de Linguas Modernas dirixidas a alumnado, resto da comunidade universitaria e a calquera persoa interesada maior de 16 anos. As actividades ofertadas son catalán inicial, checo, francés inicial, francés intermedio, galego intermedio, inglés avanzado presencial e inglés avanzado en liña. As persoas interesadas nas actividades de nivel inicial poderá matricularse directamente, as restantes terán que facer previamente o test de nivel. Toda a información relativa a prazos e contidos pode consultarse na web do CLM.

A asistencia mínima ao 80% das sesións programadas e mais a superación da avaliación dará dereito á emisión dunha certificación da realización da actividade coa súa denominación, nivel a que corresponde, número de horas e cualificación de aptitude. Recoñeceranse tamén créditos ECTS ao alumnado da USC. No caso de problemas coa matrícula en liña deben remitir unha incidencia ao enderezo clm@usc.gal e seguir as indicacións recibidas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2024.