Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Aberto o prazo para inscribirse nos mestrados oficiais da USC

A publicación de adxudicación de prazas terá lugar o día 28 de xullo. FOTO: Santi Alvite
A publicación de adxudicación de prazas terá lugar o día 28 de xullo. FOTO: Santi Alvite
A solicitude de praza poderá formalizarse ata o 19 de xullo
Lugo, Santiago de Compostela

Ata o vindeiro 19 de xullo poderase solicitar praza nos mestrados oficiais da USC. A publicación de adxudicación de prazas terá lugar o día 28 de xullo e un día despois, o 29, abrirase a primeira quenda de matrícula que se estende ata o 1 de agosto.

Os prazos para a inscrición e matrícula a través da Secretaría Virtual rematan ás 23.59 horas do último día do prazo. A oferta de mestrados oficiais da USC pode consultarse nesta ligazón. O trámite debe realizarse a través da Secretaría virtual da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2022.