Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

Concurso literario Mazarelos

Co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e de desenvolver súa capacidade de expresión en lingua galega, así como para contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca anualmente o Concurso literario Mazarelos, nome que lembra e homenaxea as raíces da Facultade, e mesmo da Universidade e da propia Compostela.

Poderá participar o estudantado de grao, mestrado e doutoramento que estea matriculado en calquera titulación da USC, ou ben persoas investigadoras que estean contratadas na USC con cargo a proxectos de I+D ou programas posdoutorais, en calquera momento do ano 2025 anterior á finalización do prazo de presentación.

Mazarelos25

11.ª edición (2025)