Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)

Que é a Tarxeta Universitaria de Identidade?

A tarxeta universitaria de identidade da USC (TUI), é o elemento de identificación dos membros da Comunidade Universitaria nas súas relacións internas e en determinadas relaciaóns con terceiros.

Tipos de TUI

A TUI poderá ser dixital ou en formato físico.

Para o alumnado a expedición será en formato dixital salvo que os seus usos requiran unha expedición en formato físico, caso no que se expedirá nos dous formatos.

Para o persoal da USC expedirase en formato dixital e, cando así se requira para a prestación dos servizos, tamén en formato físico.

Obrigatoriedade da TUI

A TUI é obrigatoria para estes colectivos:

  • Alumnado de títulos oficiais: grao, máster e doutoramento
  • Alumnado de títulos oficiais impartidos en centros adscritos, nos termos fixados no convenio.
  • Alumnado de mobilidade e intercambio con destino na USC
  • Persoal docente e investigador
  • Persoal de administración e servizos
  • Persoal investigador
  • Persoal emérito e ad honorem

Outros colectivos aos que se lles pode expedir a TUI

A TUI pode expedirse, se así se solicita, ao alumnado de:

  • Títulos propios
  • IV Ciclo
  • Titulacións interuniversitarias oficiais nas que participe a USC, nos casos en que realizasen a súa matrícula noutra universidade
  • Centros vinculados, nos termos fixados no convenio

Como se activa a TUI?

Para activar a TUI é preciso a captura dunha fotografía.

A captura da imaxe require dunha previa identificación do ou da estudante, razón pola que non se admite a remisión de fotografías.

Para o curso académico 2024-2025 a captura poderá realizarse de xeito presencial nas seguintes localizacións:

  • No Work Café do Campus de Santiago (Pavillón Estudantil) ata o 31 de outubro de 2024 en horario de luns a xoves de 9:00h a 14:00h e de 15:00h a 17:00h; venres de 9:00h a 14:00h.
  • Nos Puntos de Atención, Información e Servizos (PAIS) do centro docente de referencia (Facultade/Escola Superior). Pode atopar a listaxe completa dos centros en http://hdl.handle.net/10347/30913

Quen pode solicitar a expedición dunha TUI física?

O persoal da Universidade ao que se lle habiliten servizos asociados.

Son servizos asociados:

  • A sinatura electrónica de empregado público, nos termos establecidos pola Secretaría Xeral da USC.
  • O control de acceso a determinadas instalacións da USC, previa autorización da Xerencia ou da unidade que corresponda.

Como se solicita a expedición dunha TUI física?

O persoal da USC ao que se lle habiliten servizos asociados poderá solicitar a expedición dunha TUI física a través do seguinte procedemento https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/170/ver.htm

Caducidade da TUI

As tarxetas unicamente terán validez mentres dure a relación coa USC. En todo caso, as tarxetas físicas do alumnado e do persoal da USC caducarán aos 5 e 10 anos respectivamente.

Perda da TUI Física

As tarxetas físicas considéranse entregadas en depósito, podendo requirirse a súa devolución por finalización da relación, por modificación dos datos ou por usos indebidos.

No caso de perda da TUI física deberá abonarse unha tarifa de 4,79 euros por reexpedición da tarxeta.

TUI Dixital

Como obter a TUI virtual?

Alumnado de novo ingreso

Os pasos que debes seguir como estudante de novo ingreso son:

  1. Matricúlate.
  2. Xera as credenciais de identificación da USC seguindo as instrucións da páxina de matrícula.
  3. Acude ao teu centro de referencia para que che tomen a foto que aparecerá na tarxeta.
  4. Descarga a aplicación móbil da USC e identifícate coas túas credenciais.

Os enlaces de descarga da aplicación son os seguintes:

  • Play Store de Google (Android)
  • App Store de Apple (iOS)
  1. Preme sobre a icona da tarxeta virtual para que se realice o proceso automático de xeración da tarxeta.

Resto do alumnado

Só debes realizar este trámite se precisas renovar a tarxeta. Os pasos que debes seguir son os mesmos que o alumnado de novo ingreso agás o paso 2, pois neste caso xa dispós de credenciais da USC.

Procedemento para obter a tarxeta virtual no caso de que xa se dispoña de tarxeta física

Os pasos que se deben seguir son:

  1. Descargar a aplicación móbil da USC e identificarse coas credenciais da USC.
  2. Premer sobre a icona de tarxeta virtual para que se realice o proceso automático de xeración da tarxeta.

No caso de que a aplicación móbil informe de que a imaxe non está dispoñible débese acudir ao centro de referencia para que se volva a facer a fotografía.

 

Para que se pode empregar a TUI física

 

Preguntas frecuentes sobre a TUI

Normativa de aplicación

Regulamento sobre a TUI: http://hdl.handle.net/10347/29670

Instrución sobre a expedición da TUI: http://hdl.handle.net/10347/30913

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2024.