Pasar al contenido principal

A I Xuntanza de Nov@s Investigadores en Filosofía ofrece aos estudosos deste campo un foro para a discusión das súas liñas de investigación

Será o luns 26 e o martes 27 na Facultade de Filosofía

Os departamentos de Lóxica e Filosofía Moral e de Filosofía e Antropoloxía Social organizan a I Xuntanza de Nov@s Investigadores en Filosofía, iniciativa que xurde para ofrecerlle aos novos estudosos desta disciplina un foro no que poidan someter a discusión as súas liñas de investigación. O encontro celebrarase a vindeira semana, os luns 26 e o martes 27, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
O programa da xuntanza comezará o luns 26 ás 12:00 horas coa presentación de comunicacións correspondentes á área de Antropoloxía. Nesta sesión intervirán Sonia Cajide Frías co relatorio ‘Teatro e ritual. Unha análise antropolóxica’ e Xoán Carlos García Porral co tema ‘Modernidade rural e tradición cultural. Un estudo antropolóxico de Goiás (Lalín)’. Deseguido comezará á quenda da área de Filosofía cos relatorios de Abraham Rubín e Ángela Cristina García Parga sobre ‘O acontecemento en postmodernidade. Impulsos en rede’ e ‘O sol do marmelo, unha experiencia estética’.
A sesión da tarde, que comezará ás 17:00, continuará coas investigacións correspondentes á Área de Filosofía. Nela presentaranse diversas liñas de traballo sobre a filosofía de Guilles Deleuze, hermenéutica e galeguismo, a estética de Mikel Dufrenne, evolución do método científico ou as paisaxes do exilio, entre outras.
Na xornada do martes, día 27, o programa desta I Xuntanza de Nov@s Investigadores continuará coa presentación das liñas de investigación correspondentes ás áreas de Ética e Filosofía Política e de Filosofía da Linguaxe, Filosofía da Ciencia e Filosofía da Mente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.02.2007.