Pasar al contenido principal

Filosofía conmemorou o seu patrón San Isidoro de Sevilla cunha lección maxistral do profesor Torres Queiruga

A Facultade de Filosofía conmemorou este xoves 26 a festividade do seu patrón San Isidoro de Sevilla cun acto no que o profesor Andrés Torres Queiruga impartiu a lección maxistral ‘Apoloxía teolóxica do ‘Deus dos filósofos’. A sesión celebrouse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa participación do decano Luís García Soto e do director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, José Manuel Rodríguez Rial. Na súa lección, o profesor Torres Queiruga explorou a encrucillada entre teoloxía e filosofía na que, segundo salientou, discorreron os corenta últimos anos da súa vida como docente e investigador. Como puxo de manifesto, aínda que neses períodos predominaron alternativamente teoloxía e filosofía, “nunca un dos polos eclipsou o outro”. Segundo subliñou na súa lección, “ sempre me sentín cordialmente incurso nos dous lados, que, cada vez con maior intensidade, considero tarefas xemelgas da mesma e única razón humana”. Logo de vinte anos dedicado á Teoloxía e dos últimos vinte á Filosofía da Relixión na Facultade de Filosofía, Andrés Torres Queiruga é actualmente profesor-investigador ad honorem. Froito do seu labor nestes anos é o libro Repensar o mal, editado en galego en 2010 e en castelán e portugués en 2011.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.04.2012.