Pasar al contenido principal

Filosofía conmemora a festividade do seu patrón San Isidoro de Sevilla

A Facultade de Filosofía conmemora este xoves 26 a festividade do seu patrón San Isidoro de Sevilla cun acto ás 12.00 horas no que o profesor Andrés Torres Queiruga impartirá a lección maxistral ‘Apoloxía teolóxica do ‘Deus dos filósofos’. A sesión celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa participación do decano Luís García Soto e o director do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, José Manuel Rodríguez Rial. Logo de vinte anos dedicado á Teoloxía e dos últimos vinte á Filosofía da Relixión na Facultade de Filosofía, Andrés Torres Queiruga é actualmente profesor-investigador ad honorem. Foito do seu labor nestes anos é o libro Repensar o mal, editado en galego en 2010 e en castelán e portugués en 2011.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2012.