Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.

A Universidade de Santiago inviste doutor honoris causa a Gatze Lettinga

É o artífice dun proceso ecoloxicamente racional para o tratamento de augas residuais contaminadas en todo o mundo

A Universidade de Santiago de Compostela investirá doutor honoris causa a Gatze Lettinga (Dongjum, Países Baixos. 1936) o vindeiro martes 25 nunha cerimonia que, presidida polo reitor Juan Casares Long, dará comezo ás 12.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Actuará como padriño de Lettinga o catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago, Juan Lema Rodicio. Entre as achegas de Lettinga, doutor en Enxeñaría Química, destacan as súas contribucións ao desenvolvemento, aplicación e emprego adecuado dos recursos, tecnoloxías e conceptos economicamente viables e verdadeiramente sustentables para a protección do medio ambiente. Lettinga é o artífice dun proceso ecoloxicamente racional para o tratamento de augas residuais contaminadas en todo o mundo, tanto para países en desenvolvemento como industrializados.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.06.2013.