ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: Annual
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
Conseguir que os alumnos acaden unha certa visión crítica do momento actual do Mundo Rural europeo en xeral, e o galego en particular, tanto no que se refire ás súas principais características como á súa problemática.
Farase unha análise das trabas para o seu desenvolvemento e da dificultade para a súa propia delimitación territorial, de cara a propoñer actuacións que confronten os retos identificados.
1. Que é o medio rural? (3 horas)
2. A sociedade agraria tradicional. (3 horas)
3. Os procesos de cambio agrario. (3 horas)
4. Elementos específicos do proceso de cambio agrario na Galiza. (2horas)
5. A política de desenvolvemento rural en Europa. A súa aplicación no caso galego. (4 horas)
6. As novas funcións do rural e o concepto de multifuncionalidade. (5 horas)
7. Servizos Ecosistémicos. (5 horas)
8. A paisaxe como recurso económico do rural. (3 horas)
9. Os incendios como ameaza para o rural galego: causas sociais (2 horas)
ARNALTE, E., ORTIZ, D. E MORENO, O. (2008): “Cambio estructural en La agricultura española. Un nuevo modelo de ajuste en el inicio del siglo XXI”. Papeles de Economía Española nº 117.
BALBOA, X. (1990): O monte en Galicia, Ed. Xerais, Vigo.
BAPTISTA, F. (2001): Agricultura e territórios. Ed Celta, Oeiras.
BOUHIER, Abel (2001): Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Xunta de Galicia, Santiago.
CASTRO, X. (2007): História da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Ed. Nigratrea. Vigo
FERNANDEZ PRIETO, L. (1992).: Labregos con ciencia, Ed. Xerais, Vigo
GARCÍA RAMÓN, M. D.; TULLA i PUJOL, A.; VALDOVINOS PERDICES, (1995): Geografía Rural. Ed. Síntesis.
GOMEZ BENITO, C. (2002): Agricultura y sociedad en el cambio de siglo. Ed.Mc Graw Hill-UNED, Madrid.
GRUPO DOS COMÚNS (2006): Os montes veciñais en man común. Ed. Xerais, Vigo.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2003): “Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa” Papeles de Economía Española nº 96. pg20-37
MARIÑO FERRO, X.R (2000).: Antropoloxía de Galicia. Ed. Xerais, Vigo.
MATA OLMO, R. (1997): “Paisajes y sistemas agrarios españoles”. En: Agricultura y sociedad en la España contemporánea. Gómez Benito, C. e González Rodríguez J. (eds). CIS, Madrid
PLOEG, J. (2010): Nuevos campesinos. Campesinos e imperios alimentarios, Barcelona, Icaria.
SINEIRO, F. e LORENZANA, R. (2008): “La ganadería en España: situación actual y evolución reciente”. Papeles de Economía Española nº 117
CAMARERO, L. A. (1993): Del éxodo rural y del éxodo urbano. Ocaso y renacimiento de los asentamientos rurales en España. M.A.P.A.
PEDREÑO CÁNOVAS, A. (2000). Ruralidad globalizada, sociología de los territorios de las factorías vegetales. Diego Marín Librero Editor, S.L.
o mundo rural que coñecemos, o máis próximo a nós, cambiou moito nos últimos anos e segue en constante transformación. As definicións clásicas de ruralidade van perdendo forza ante unha nova sociedade rural impregnada de “valores urbanos”. A delimitación dos espazos rurais é cada vez máis dificultosa a medida que aumenta a diversidade de usos de estes espazos. E visión que a sociedade ten destes espazos muda tamén a medida que estes deixan de ser concibidos como meros contedores da actividade agraria e pasan a ter outros usos, entre eles os ambientais.
Ante este novo marco, hai que falar de indicadores adaptados a esta realidade cambiante, que deben ser revisados periodicamente para que non perdan o seu valor clasificatorio. É importante destacar neste sentido, que as novas clasificacións son cada vez máis relativas e menos absolutas, pois é moi difícil establecer o grao de ruralidade dun determinado espazo xeográfico sen comparalo con outro, preferiblemente no mesmo contexto socioeconómico e cultural.
Pero para entender o punto a realidade das áreas rurais hoxe temos que revisar o papel que estes espazos teñen desenvolvido ao longo da historia. De aí que nos contidos desta materia se faga alusión a ela, para pasar logo a comparar as características diferenciais das distintas áreas rurais actuais, no conxunto de Europa e en Galicia. É importante tamén estudar a paisaxe rural e a súa evolución para caracterizar estes espazos e, en moitas ocasións, poñelos en valor. Especialmente nun contesto no que os usos ambientais son cada vez mais valorizados.
Ao longo da materia caracterizaranse os problemas máis urxentes do mundo rural (despoboamento, perda de equipamentos e servizos, enfraquecemento económico...), mas tentando por de manifesto, por unha banda as causas que motivan esta situación, e por outra as actuacións que en materia de política de desenvolvemento rural se poden por en marcha para superar esta situación.
Ao longo das sesións de clase se irán explicando os contidos da materia, empregando habitualmente material de apoio.
Tamén se propoñerán debates e exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos, que permitan unha maior comprensión dos mesmos e a participación do alumnado na clase.
Se os medios materiais o permiten, farase unha saída ao campo para analizar “in situ” aspectos contemplados no desenvolvemento teórico da materia.
A asistencia aos seminarios organizados polo grupo de innovación docente RURALIA inclúense dentro das horas docentes e permitirán ao alumnado achegarse á realidade rural a traveso da opinión dos propios protagonistas.
A través de traballos relacionados co tema, individualmente ou en grupo.
Un traballo continuado na aula é recomendable.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Department
- Applied Economics
- Area
- Economics, Sociology and Agricultural Policy
- Category
- Professor: University Lecturer
Mª Do Mar Pérez Fra
- Department
- Applied Economics
- Area
- Economics, Sociology and Agricultural Policy
- mariadomar.perez [at] usc.es
- Category
- Professor: Temporary PhD professor
Wednesday | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galician | 5512 Aula 19 EPS |