Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Servizo de Psicoloxía

A necesidade de potenciar os campos aplicados da Psicoloxía leva a promover a creación do Servicio de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A este obxectivo xeral cabe engadir entre outros os seguintes motivos: 

  • Desenvolvemento producido nas iniciativas xa en marcha require novas estruturas 
  • Economía de escala no establecemento de servicios comúns de apoio. 
  • Optimización do aproveitamento de instalacións e recursos. 
  • Mecanismos de asesoramento e seguimento. 
  • Apoio a novas iniciativas. 
  • Potenciación de obxectivos docentes. 
  • Desenvolvemento da actividade investigadora no ámbito aplicado. 
  • Facilitación da transferencia de coñecemento a través da prestación de servicios. 
  • Mellora no achegamento a institucións públicas e privadas cos que se poidan compartir obxectivos comúns, dende iniciativas que contan co respaldo do centro. 

Por último, cabe sinalar que esta iniciativa nace desde o centro e é reflexo dun amplo debate e dun longo proceso de maduración no que se chegou a un moi amplo consenso. Nel participaron tanto os grupos directamente implicados como o resto da Xunta de Facultade. 

Unidades 

Preséntase a continuación, a relación das unidades que conforman o servizo.

The contents of this page were updated on 07.18.2025.