Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Proxección do filme 'Il nome della rosa' (1986) de Jean-Jacques Annaud

03.25.2025 | 17.00h

Salón de Actos

Detalle do cartel
Detalle do cartel

O próximo día 25 de marzo, CineFilo acollerá a proxección do filme Il nome della rosa (1986) de Jean-Jacques Annaud, que presentará o profesor Santiago Gutiérrez. Será ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

A comezos do século XIV, nunha remota abadía do norte de Italia cométense unha serie de crimes. Durante a investigación, que levan a cabo Guillerme de Baskerville e o seu discípulo Adso, enfróntanse a razón contra a superstición e o misticismo, o afán de coñecer contra os terrores milenaristas. Il nome della rosa, adaptación da novela homónima de Umberto Eco, converteuse pronto nun clásico do misterio histórico, un xénero que aínda hoxe mantén a súa popularidade.
 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
The contents of this page were updated on 03.25.2025.