Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
A USC e a AUIP convocan 4 bolsas para cursar estudos de mestrado

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP) convocan 4 bolsas cunha dotación de 5.000€ cada unha en virtude do convenio específico de cooperación académica universitaria. 

 

  • Estas axudas están destinadas a cursar estudos de mestrado universitario durante o curso académico 2025-2026 e concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

    Están dirixidas a estudantes, profesorado e persoas egresadas latinoamericanas vinculadas a institucións asociadadas da AUIP. 

    O prazo de solicitude estará aberto ata o 17 de marzo de 2025 ás 23:59h.  

    Para máis información, recomendamos revisar o documento completo da convocatoria. 

The contents of this page were updated on 04.04.2025.