2023. Voltamos!
Un ano máis converteremos o mes de novembro no mes da divulgación. Nesta edición do DivúlgaT, os membros da Asociación Investigadores Agromar damos o grande salto de ser participantes e público a formar parte do comité organizador. Todo un reto e un pracer continuar con esta actividade que nos permitiu comezar na divulgación.
Que é?
Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores deste Campus, e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.
A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración vannos contar algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo.
Quen pode participar?
DivúlgaT está aberto a calquera persoa que teña vinculación co Campus de Lugo. Así, inclúense os seguintes perfís:
- estudantes matriculados en programas de doutoramento do Campus de Lugo ou elaborando a tese de doutoramento vinculada a eles.
- estudantes realizando o seu traballo de fin de mestrado en titulacións do Campus de Lugo.
- membros de grupos de investigación vinculados ao Campus de Lugo (incluíndo investigadores principais, investigadores colaboradores, colaboradores externos, bolseiros, contratados e outros).
Como inscribirse para participar?
Se queres ser unha das persoas que suba ao escenario contar o seu traballo investigador, tes ata o 22 de outubro de 2023 para cubrir este formulario.
Cando é o evento?
Os xoves 23 e 30 de novembro, a partir das 19,30 h, no Vello Cárcere de Lugo.
Como a asistencia é libre e de balde, participes ou non, apúntao na axenda para ir como público. Posto que o aforo das instalacións é limitado, será preciso facer a reserva da butaca nos días previos ao evento na ligazón que será proporcionada proximamente na páxina web e nas RRSS.
Formación
Igual ca en anos anteriores, inscribirse dá dereito a asistir gratuitamente a un obradoiro de divulgación científica, impartido por Andrea Muras, finalista da edición 2019 do concurso FameLab España e autora do libro La guerra contra las superbacterias.
Recoñecementos
A participación en DivúlgaT e máis a asistencia ao obradoiro formativo van ser recoñecidas cun diploma, expedido pola Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo e polo Servizo de Normalización Lingüística.
Ademais, editarase un libro de resumos que recolla os aspectos máis destacados de todas as intervencións das e dos participantes.
Séguenos para non perderte nada:
Instagram: @agromar_docs
Twitter: @AgroMar_docs
Facebook: Asociación de Investigadores AgroMar
Email: divulgaterra2021 [at] grupos.nube.usc.gal (divulgaterra2021[at]grupos[dot]nube[dot]usc[dot]gal)