Skip to main content
A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha extensa rede sen fíos que da cobertura á totalidade dos edificios dos campus de Santiago de Compostela e Lugo.

Esta rede está constituída por máis de 1.000 puntos de acceso en máis de 100 edificios, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia. Todos os puntos están preparados para funcionar nas bandas de 2,4 G e 5 Ghz. soportando os estándares 802.11.b/g/n/ac.
Imaxe representativa

O servizo de rede sen fíos para congresos está dirixido a proporcionar un acceso a Internet sinxelo a todos aqueles asistentes a congresos ou conferencias que se organicen na USC. En todo caso recoméndase o uso da rede Eduroam para todas aquelas persoas procedentes de institucións adheridas a esta iniciativa mundial de mobilidade destinada á comunidade académica.

A alta debe ser solicitada polo menos cunha semana de antelación mediante o correspondente formulario de alta asinado polo responsable do centro, departamento ou servizo organizador.

A vixencia deste servizo estará limitada á duración do evento.

The contents of this page were updated on 06.11.2024.