Skip to main content
A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha extensa rede sen fíos que da cobertura á totalidade dos edificios dos campus de Santiago de Compostela e Lugo.

Esta rede está constituída por máis de 1.000 puntos de acceso en máis de 100 edificios, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia. Todos os puntos están preparados para funcionar nas bandas de 2,4 G e 5 Ghz. soportando os estándares 802.11.b/g/n/ac.
Imaxe representativa

A rede wifiusc-web está concibida coma unha rede de uso puntual e non é recomendada para un uso habitual, tanto polas limitacións de velocidade como por non dispoñer de seguridade avanzada.

A súa vantaxe é que non precisa a instalación de ningún software para a autenticación do usuario xa que esta realízase mediante un portal web no momento de iniciar a navegación. A transmisión das credenciais realízase de forma segura, utilizando o protocolo HTTPS.

A rede wifiusc-web non contempla mecanismos avanzados de seguridade polo que non cifra o tráfico no treito sen fíos. Por este motivo recoméndase o uso de Eduroam, deixando wifiusc-web para aqueles dispositivos que non soporten os protocolos necesarios para conectarse á rede recomendada.

The contents of this page were updated on 06.11.2024.