Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

O Servizo de identificación centralizado da USC permite unificar e simplificar os controis de acceso nas aplicacións da USC. Este servizo é o punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións.

  • Manual de uso

    1. Descrición do Servizo

    O Servizo de identificación centralizado da USC permite unificar e simplificar os controis de acceso nas aplicacións da USC. Este servizo é o punto de acceso único ás zonas privadas das aplicacións. O funcionamento do servizo é o seguinte:

    • As páxinas web, aplicacións ou servizos que precisan identificar ás persoas amosarán o formulario de acceso do Servizo de Identificación Centralizado, que nos solicitará o nome de usuario e a chave de paso.
    • Unha vez comprobado que os datos son correctos seremos redirixidos de volta ao lugar ao que estabamos intentando acceder.
    • Se non pechamos o navegador e tentamos acceder a outra aplicación dende outra pestana ou dende nunha nova ventá do navegador (aberta dende a opción do menú “Arquivo-Nova ventá”) xa non se nos solicitarán os datos de acceso de novo.
    • Se saímos da aplicación mostrarase unha mensaxe do Servizo de Identificación Centralizado indicando que acabamos de pechar a sesión, polo que en posteriores conexións solicitarásenos o de novo o nome de usuario e a chave de paso.

    IMPORTANTE: Para evitar accesos non desexados, cando rematemos de traballar nunha aplicación web, é importante pechar todas as ventás do navegador.

     

    2. Descrición da pantalla de validación de usuarios

    • O nome de usuario e o contrasinal son datos comunicados no momento da alta nos sistemas de información da USC. Contacte co CAU en caso de non lembrar algún dos datos.
    • A caixa "Avisarme antes de abrir unha sesión noutras aplicacións" permite que o sistema nos lembre que xa estamos validados. Se non a marcamos o sistema dará acceso inmediato á seguinte aplicación que utilicemos sen proporcionar ningún aviso.

The contents of this page were updated on 12.15.2023.