
Todas as persoas usuarias da comunidade universitaria dispoñen de credenciais xeneradas de xeito automático. Se non coñeces as túas credenciais, contacta co CAU.
-
Se non coñece as súas credenciais ou non lle foron comunicadas no seu momento (matrícula, contratación) pode solicitalas dos seguintes xeitos:
- Estudantes:
- Os estudantes de grao que acceden por primeira vez á USC poden xerar as súas credencias de acceso aos sistemas de información da USC dende https://matricula.usc.es/MatriculaPrimeiro
- O resto dos estudantes, primeira vez ou continuación en másteres ou 3º ciclo que non teñan credenciais deben xeralas dende https://matricula.usc.es/loginx
- Se o estudante xa dispón da conta de usuario e non se lembra da súa chave de paso pode solicitala por un dos seguintes medios:
- Envío por mensaxe curta SMS, dende https://sec-virtual.usc.es/Secretaria/Login.asp
- Na aula de informática do seu centro
- Dirixindose ao CAU
- PDI e PAS: poden solicitar copia dos seus credenciais dirixindose ao CAU
Importante: Non ten a consideración de persoal externo o persoal traballador de empresas provedoras da USC. O persoal desas empresas que precise credenciais de usuario debe tramitar a solicitude a través do resposable do seu contrato. Referímonos, por exemplo, ao persoal que traballa nas cafeterías, persoal de limpeza, seguridade, etc.
- Estudantes: