Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Estadías curtas de investigación de alumnado procedente doutras universidades
Estadías de investigación

A Oficina de Captación Internacional xestiona as estadías de investigación do alumnado de grao e mestrado.

  • O alumnado de grao ou mestrado procedente doutra universidade poderá matricularse para realizar unha estadía de investigación en centros, departamentos ou grupos de investigación da USC. 

    Deberá enviar a documentación requirida ó enderezo de correo electrónico study.abroad@usc.es.  

    O alumnado matriculado nas estadías de investigación terá dereito a un certificado ao remate da mesma.  

  • Este procedemento permanece aberto todo o ano. 

    A documentación requerida é a seguinte: 

    • Carta de aceptación  asinada por algún profesor que exerza algún cargo académico ou profesores con encargo institucional. 

    • Pasaporte 

  • A estadía de investigación devindicará os prezos que fixe anualmente o Consello Social, debendo aboar ademais o seguro ou seguros que procedan. 

    O acordo establece os seguintes prezos: 

    • Estadías de menos de tres meses: 100,00€ 

    • Estadías de tres a seis meses: 200,00€ 

    • Estadías de máis de seis meses: 400,00€ 

  • 1.  O procedemento iníciase co envío por parte da persoa interesada da carta de aceptación enviada polo supervisor da súa estadía na USC xunto co pasaporte. 

    2. O Servizo de Xestión Académica emite unha carta de admisión coa que poderá formalizar a súa matrícula na USC. 

    3. Xa en Santiago, será responsabilidade da persoa formalizar a súa matrícula na Unidade de Xestión Académica nas datas habilitadas.  

  • Oficina de Captación Internacional - Apoio ao persoal investigador

    Students Pavilion
The contents of this page were updated on 04.01.2025.