Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

Impartido por Ezequiel Merlo.

Curso de iniciación ao tango. Campus de Santiago de Compostela

  • O tango arxentino é un baile social, unha danza popular e cidadá de 'comunicación' entre os membros da parella e entre o conxunto de parellas que baila no salón, xa que se 'improvisa' a partir de códigos e estruturas de movementos preestablecidos. Este baile foise transformando a través do tempo e báilase actualmente por todo o mundo, pero mantendo a súa esencia de 'comunicación' a través do corpo e a música.

    Os seus obxectivos é introducir aos participantes neste baile, poder participar nas milongas (espazo de encontro e baile social), e que teñan a vivencia do 'baile popular', no que se favorece a integración social e o intercambio intercultural, estimulando a comunicación corporal, non verbal, a través da música.

    Profesorado: Ezequiel Merlo.

    Duración: 1-10-2025 a 20-05-2026 (30 horas).

    Requisitos: non fai falta ir con parella, non se necesitan coñecementos previos, calquera idade e condición.

    Horario: mércores, 18.30 a 19.30 horas.

    Lugar: Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.

    Prezo: membros da comunidade universitaria 110 euros / taxa xeral 150 euros.

    Número de prazas: mínimo 6 e máximo 20.

    Recoñecemento de créditos (todas as titulacións de grao da USC): 1 crédito ECTS

    Matrícula

    Inscrición aberta do 8 ao 26 de setembro de 2025 na seguinte ligazón: MATRÍCULA

  • Culture Area

    San Xerome College

    Culture Area

    Montenegro Palace
The contents of this page were updated on 07.30.2025.