Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.

Rafael Martínez Castro toma posesión como decano da Facultade de Filosofía

O profesor do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social Rafael Martínez Castro tomará posesión este mércores 19 como decano da Facultade de Filosofía. O acto presidirao o reitor Juan casares ás 14.00 horas no Salón de Graos de San Xerome. Martínez Castro, que substitúe no cargo ao profesor Luis García Soto logo de dous mandatos á fronte do centro, foi apoiado na votación do mes de maio por unha amplísima maioría da xunta de facultade.

The contents of this page were updated on 06.18.2013.