Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Química

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Química.
Centro(s)
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814229 (Conserxaría)
881814256 (Decanato)
facultade.quimica.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudante de química

A Química é unha ciencia que versa sobre propiedades macroscópicas e microscópicas de compostos materiais de todo tipo e tamén sobre os aspectos do cambio e da reactividade. Inclúe a investigación de estruturas e mecanismos das transformacións químicas e tamén a síntese de novos compostos.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501104
    Número prazas: 100

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesus Sanmartin Matalobos
    jesus.sanmartin@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jesus Sanmartin Matalobos

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego, Inglés

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    05/03/2010 (correc. erros 06/07/2010) Modificación: 28/02/2020

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    A Química é unha ciencia ampla que versa sobre propiedades macroscópicas e microscópicas de compostos materiais de todo tipo, inorgánicos, orgánicos e biolóxicos e tamén sobre todos os aspectos do cambio e da reactividade. Esta disciplina evolucionou ata converterse nunha ciencia de gran amplitude que abarca desde o mundo submicroscópico dos átomos e as moléculas ata o ámbito dos materiais que utilizamos de xeito cotiá, constituíndo unha parte esencial da formación de moitos científicos e enxeñeiros.

  • Non se contemplan.

  • A facultade de Química conta con 12 aulas de docencia de distinta capacidade, 2 aulas de seminario e 2 aulas de informática con equipamento docente. Para a formación práctica, conta con varios laboratorios.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    • 2 aulas de informática de acceso libre equipadas con ordenadores.
    • 2 salas de estudo.

    O centro dispón dunha biblioteca, que contén os fondos específicos desta titulación e que conta con máis de 200 postos de lectura. Atópase nos andares segundo e terceiro da Facultade.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • Aspectos principais de terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades.
    Variación das propiedades características dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
    Características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
    Tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
    Principios de termodinámica e as súas aplicacións en Química.
    Estudo dos elementos químicos e os seus compostos. Obtención, estrutura e reactividade.
    Propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e órgano metálicos.
    Estudo das técnicas analíticas (electroquímicas, ópticas,...) e as súas aplicacións.
    Operacións unitarias de Enxeñaría Química.
    Metroloxía dos procesos químicos incluíndo a xestión de calidade.
    Relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
    Estrutura e reactividade das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
    Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, con conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
    Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
    Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
    Avaliación, interpretación e síntese de datos e información Química.
    Manipular con seguridade materiais químicos.
    Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
    Manexo de instrumentación química estándar como a que se utiliza para investigacións estruturais e separacións.
    Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan.
    Valoración de riscos no uso de substancias químicas e procedementos de laboratorio.
    Equilibrio entre teoría e experimentación.
    Recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
    Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
    Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.

  • Mobilidade

    Promoverase que os alumnos se despracen a outras universidades españolas e/ou estranxeiras para realizaren un mínimo de un semestre e un máximo de dous semestres calesquera do Grao de Química, agás os dous correspondentes ao curso 1º.

    Polo tanto, os obxectivos e contidos do Grao relacionados coas accións de mobilidade serán os obxectivos e contidos xerais e específicos relativos ás materias cursadas na universidade de destino.

    Considerase, ademais, que as accións de mobilidade son especialmente apropiadas para a consecución das competencias intrumentais do Grao de Química seguintes :

    - Coñecemento dunha lingua estranxeira.
    - Traballo nun contexto internacional.
    - Habilidade nas relacións interpersoais.
    - Adaptación a novas situacións.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    Segundo o Art. 12.6 del R.D. 1393/2007, os estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 4,5 créditos optativos por realización de prácticas externas relacionadas co título

  • O Traballo de Fin de Grao se poderá realizar unha vez superados 150 créditos, entre eles todos os da primeira metade da titulación. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demáis créditos necesarios para o título de grao, esto é, alomenos 225 ECTS.

  • Profesorado
    Daniel Abella López
    Manuel Aboal Somoza
    Christoph Adam
    Amaia Agulleiro Beraza
    Gerardo Alvarez Rivera
    Ma Carmen Barciela Alonso
    Patricia Barral Rodiño
    Maria Carmen Bujan Nuñez
    Antonia María Carro Díaz
    Braulio Casabella Amieiro
    Mª Del Carmen Casais Laiño
    Aly Jesús Castillo Zamora
    Ana Castiñeira Landeira
    Marta Castiñeira Reis
    Maria Magdalena Cid Fernandez
    Julio Corredoira Vazquez
    Guillermo Covelo Artos
    Alfredo Crespo Otero
    Sergio Díaz Alonso
    Cristina Diaz Jullien
    Maria Lourdes Dominguez Gerpe
    Andrés Duque Villaverde
    Alvaro Duran Bravo
    Gemma Maria Eibes Gonzalez
    Beatriz Errandonea Felix
    Paula Sara Escamilla Berenguer
    Carlos Manuel Estevez Valcarcel
    Martin Fañanas Mastral
    Eduardo Fernandez Megia
    Antonio Fernandez Ramos
    Berta Fernandez Rodriguez
    Sarah Fiol Lopez
    Yeray Folgar Camean
    Maria Matilde Fondo Busto
    Daniel Jose Franco Ruiz
    Patricia Fulias Guzman
    Ana Maria Garcia Deibe
    Rebeca Garcia Fandiño
    Maria Esther Garcia Fernandez
    Carmen Maria Garcia Jares
    Luis Garcia Rio
    Maria Isabel Garcia Santos
    Luis Alberto Garcia Suarez
    Alvaro Gil Gonzalez
    Maria Del Carmen Gimenez Lopez
    Laura Goicoechea Crespo
    Lucia Gomez Rodrigo
    Patricia Gomez Roibas
    Manuel Maria Gonzalez Alemany
    Concepcion Gonzalez Bello
    Diego Gonzalez Diaz
    Sara Gonzalez Garcia
    Diego González Iglesias
    Ana Maria Gonzalez Noya
    Juan Ramón Granja Guillán
    Moises Gulias Costa
    Ivan Huertas Morales
    Jesus Janeiro Rodriguez
    Ana Justo Vega
    Laura Lago Lorenzo
    Helena Landin Gonzalez
    Massimo Lazzari
    Jose Ramon Leis Fidalgo
    Anxo Lema Saavedra
    Maria Pilar Llompart Vizoso
    Susana Lopez Estevez
    Juan Jose Lopez Mayan
    Adrián López Teijeiro
    Ana Lorenzo Medina
    Marta Lores Aguin
    Iván Lozano González
    Maria Valentina Malave Fernandez
    José Manuel Malga Díaz
    Miguel Martinez Calvo
    Adrián Martínez Castrillón
    Jose Manuel Martinez Costas
    Emilio Martinez Nuñez
    Jose Luis Mascareñas Cid
    Luis Manuel Mateo De Doni
    Mauro Mato Gomez
    Álvaro Maza Barón
    Garoé Medina Aguilar
    Tiago Filipe Mendes Ferreira
    Sandra Méndez Martínez
    Rosa Maria Montes Goyanes
    Antonio Moreda Piñeiro
    Maria Moreno Perez
    María Del Carmen Muñiz Castiñeira
    Manuel Nappi
    Paula Oreiro Martínez
    Esperanza Padin Gonzalez
    Maria Rita Paleo Pillado
    Manuel Maria Paz Castañal
    Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
    Beatriz Pelaz Garcia
    Diego Peña Gil
    Elena Maria Peña Vazquez
    Maria Dolores Perez Meiras
    André Pérez Potti
    Angel Pita Da Veiga Ramonde
    Ester Polo Tobajas
    Iago Pozo Míguez
    Jose Benito Quintana Alvarez
    Emilio Quiñoa Cabana
    Maria Ramil Criado
    Alberte Regueira Lopez
    Ana Maria Rios Rodriguez
    Maria Del Carmen Rios Rodriguez
    Jose Francisco Rivadulla Fernandez
    Adrian Rivas Saborido
    Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
    Ana Rita Rodrigues Vilares Cabral Monteiro
    Omar Rodriguez Lopez
    Jesus Rodriguez Otero
    Isaac Rodriguez Pereiro
    María De La Flor Rodríguez Prieto
    Carlos Eugenio Saa Rodriguez
    Kaddy Saho
    Jesus Fernando Salgado Barca
    Maria Del Pilar Salgado Rodriguez
    Paula Sanchez Gascon
    Victor Manuel Sanchez Pedregal
    Jose Manuel Sanchez De Santos
    Diego Sanchez-Brunete Gayoso
    Jesus Sanmartin Matalobos
    Marcel Santos Claro
    Francisco Javier Sardina Lopez
    Axel Sarmiento Fuentes
    José Manuel Seco Castro
    Alejandro Seco Gonzalez
    Antonio Sousa Pedrares
    Jose Antonio Souto Gonzalez
    Alejandro Suarez Lustres
    Naveen Tiwari
    Gabriel Tojo Suarez
    Maria Tomas Gamasa
    Mercedes Torneiro Abuin
    Carolina Torron Casal
    Jesus Angel Varela Carrete
    Irene Vázquez Carballo
    Miguel Vazquez Lopez
    Saulo Angel Vazquez Rodriguez
    Marco Eugenio Vazquez Sentis
    Jose Antonio Veira Suarez
    Maria Isabel Velo Heleno
    Jose Manuel Vila Fungueiriño
    Georgina Xifra Goya
    Maria Del Carmen Yebra Biurrun
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.