-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, Galego, InglésTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química FísicaÁreas:
Química FísicaCentro
Facultade de QuímicaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Unha vez cursada a materia, espérase que o alumnado sexa capaz de:
· Identificar os tipos principais de reacción química e as suas características asociadas mais relevantes dende o punto de vista cinético.
· Relacionar a ecuación de velocidade experimental co mecanismo de reacción como descripción a nivel molecular de unha transformación química.
· Facer unha análise estadística de datos cinéticos utilizando unha folla de cálculo.
· Interpretar os datos cinéticos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en función das teorías e modelos existentes para o estudo da reacción química.I. CINÉTICA FORMAL
Tema 1. Cinética química empírica
1.1. Introdución. Conceptos básicos de cinética química
1.2. Determinación da ecuación de velocidade
1.3. Influencia da temperatura sobre a velocidade de reacción
1.4. Técnicas experimentais
Tema 2. Cinética de reaccións complexas
2.1. Reaccións reversibles.
2.2. Reaccións paralelas.
2.3. Reaccións consecutivas
2.4. Explicando as ecuacións de velocidade. Mecanismos de reacción
2.5. Reaccións unimoleculares.
2.6. Reaccións en cadea
2.7. Cinética de Polimerización
II. MODELOS TEÓRICOS
Tema 3. Reaccións en fase gas. Modelos teóricos
3.1. Teoría de colisións
3.2. Teoría do estado de transición
3.3. Formulación termodinámica da teoría do estado de transición
3.4. Introdución á dinámica molecular das reaccións químicas
3.5. Superficies de Enerxia Potencial
3.6. Feixes moleculares
Tema 4. Reaccións en disolución.
4.1. Influencia do disolvente
4.2. Reaccións controladas por difusión e por activación
4.3. Teoría do estado de transición para ás reaccións en disolución
4.4. Mecanismos de reaccións en disolución. Exemplos
II. CATÁLISE
Tema 5. Catálise homoxénea
5.1. Introducción a Catálise. Principios e bases
5.2. Catálise ácido-base
5.3. Catálise enzimática
Tema 6. Catálise heteroxénea
6.1. Introducción
6.2. Adsorción
6.3. Isotermas de adsorción
6.4. Mecanismos da catálise heteroxénea
IV. CINÉTICA ELECTROQUÍMICA
Tema 7. Cinética electroquímica.
7.1. Introducción
7.2. A dobre capa eléctrica
7.3. A ecuación de Butler-Volmer
O PROGRAMA DE LABORATORIO INCLÚE OS SEGUINTES EXPERIMENTOS
- Práctica 1. Cinética Formal: Estudo cinético da reacción entre violeta cristal e ions hidroxilo.
- Práctica 2. Cinética Formal: Estudo cinético da reacción de solvólisis do cloruro de sulfonilo en disolución acuosa.
- Práctica 3. Adsorción: Determinación da isoterma de adsorción de colorantes por Espectroscopía UV/VIS.
- Práctica 4. Catálisis
Os alumnos realizarán, durante as sesións de laboratorio, un mínimo de tres das prácticas propostas.- Básica (manual de referencia):
Química Física, P. Atkins y J. De Paula, 8ª Ed, Ed. Médica Panamericana (2008). Capítulos 22, 23, 24 y 25.
- Complementaria:
Química Física, T. Engel y P. Reid, Pearson Ed. (2006). Capítulos 36 y 37.
Fisicoquímica, I. N. Levine, 5ª Ed. (2004) MacGraw Hill. Tema 13, 17 y 23.
- Avanzada:
Chemical Kinetics and Reaction Mechanisms, 2nd Ed. J. H. Espensosn, McGraw Hill (2002)COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB5. Que os estudantes teñan desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CG2. Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3. Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4. Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5. Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3. Coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4. Resolución de problemas.
CT10. Acadar capacidade de razoamento crítico.
CT12. Capacidade de aprendizaxe autónomo
CT17. Sensibilidade cara a temas medioambientais
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE4. Tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE11. Relación entre as propiedades macroscópicas e as propiedades de átomos e moléculas individuais, incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE16.Capacidade de avaliación e interpretación de datos
CE14. Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE20. Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en términos da súa significación e das teorías que a sustentan.Combinaranse clases de tipo expositivo con clases participativas nas que o alumno ten que resolver problemas tanto experimentais como numéricos. Hai ademais dúas sesións de tutoría personalizada nos que se aproveitará para discutir e profundar conceptos seleccionados e suscitados con antelación aos alumnos.
A continuación figuran as horas que se estiman para cada tema. Os problemas a resolver entregaranse con antelación ao alumno.
Tema 1 : horas teóricas 4, horas de seminario/problemas 2
Tema 2 : horas teóricas 6, horas de seminario/problemas 3
Tema 3 : horas teóricas 3, horas de seminario/problemas 0
Tema 4 : horas teóricas 2, horas de seminario/problemas 0
Tema 5 : horas teóricas 3, horas de seminario/problemas 3
Tema 6 : horas teóricas 3, horas de seminario/problemas 1
Tema 7 : horas teóricas 2, horas de seminario/problemas 1
Hai 20 horas de docencia experimental no laboratorio nas que se realizarán 3 experimentos e analizaranse e discutirán os resultados obtidos por cada alumno.1. A asistencia a clase é obrigatoria con carácter xeral e a ausencia terá consecuencias negativas na cualificación da avaliación continua. Respecto das prácticas de laboratorio, as faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia, sempre que a ausencia estea debidamente xustificada. As ausencias non xustificadas suporán un NON APTO nas prácticas de laboratorio.
2. A avaliación consistirá en dúas partes:
2.1. Avaliación continua realizada a través de tres probas online de 30-45 minutos de duración
2.2. Exame final (EF)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua e obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final = máximo (0.4 x N1 0.6 x N2,N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a evaluar serán os seguintes:
- Organización e desenvolvemento dos experimentos no laboratorio
- Datos obtidos e discusión dos mesmos
- Informe
É obrigatorio obter un apto nas prácticas de laboratorio para aprobar a asignatura.
Os estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases interactivas e mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez.
Para os alumnos repetidores será valido o traballo de laboratorio dos últimos dous cursos.
Evaluación de competencias
Clases de seminario: CB5, CG2, CG3, CG5, CE4, CE11, CE16, CT4, CT12, CT17
Prácticas de laboratorio: CB1, CB5, CG2, CG3, CG4, CE16, CE20, CT3, CT10, CT12, CT17
Clases de tutoría: CG4, CG5, CT3, CT10, CT12
Examen final: CB1, CG3, CE4, CE11, CE20, CT4
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.Total horas de traballo presencial en aula ou en laboratorio: 55.
Horas Clases de Teoría: 23.
Horas Clases de Seminario: 10.
Horas de Titorías: 2.
Horas de Laboratorio: 20.
Total horas de traballo persoal do alumno: 83.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 46 horas.
Resolución de exercicios e outros traballos: 20 horas.
Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar: 8 horas.
Preparación das prácticas e elaboración da memoria ou presentación oral: 9 horas.- É recomendable ter superadas as asignaturas do módulo de Química Física.
- Son necesarios coñecementos matemáticos de cálculo diferencial e integral básico para superar a asignatura.
- É importante a asistencia activa a clase e manter o estudo da materia ao día. Recoméndase visitar a asignatura no Campus Virtual da USC na que se atoparán materiais, información e actividades a realizar.
- Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacions básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado, (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular, (3) Identificar os modelos e ecuaciones necesarios para a resolución do problema e aplicalos correctamente, (4) Prestar atención á coherencia das unidades, (5) Revisar a consistencia do resultado final.
- Nas clases de seminario o alumno debe ter os problemas resoltos con antelación e participar activamente nas discusións dos resultados.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
- É aconsellable ter coñecementos basicos de algún programa de análisis estadístico de datos (Excel, LibreOffice calc, R, Python, ...).Se utiilizará la plataforma Moodle para la prueba final y la evaluación continua
Para los casos de realización fraudulenta de ejercicios o pruebas será de aplicación lo recogido en la Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones.
-
Luis Garcia Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881815712
- Correo electrónico
- luis.garcia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Ramon Leis Fidalgo
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814222
- Correo electrónico
- joseramon.leis@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Martes 09:00-10:00 Grupo /CLE_02 Castelán Aula Química Inorgánica (1º andar) 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula Química Orgánica (1º andar) Mércores 13:00-14:00 Grupo /CLE_02 Castelán LABORATORIO DE PRACTICAS DE QUIMICA INORGANICA Xoves 09:00-10:00 Grupo /CLE_02 Castelán Aula Química Inorgánica (1º andar) 10:00-11:00 Grupo /CLE_01 Galego Aula Química Orgánica (1º andar) Exames 22.05.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula Bioloxía (3º andar) 22.05.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula Matemáticas (3º andar) 27.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 Aula Química Inorgánica (1º andar) 27.06.2025 10:00-14:00 Grupo /CLE_01 Aula Química Orgánica (1º andar)