A Facultade de Farmacia conta con 10 aulas de propósito xeral, con diversa capacidade. Dispón tamén de 9 aulas de seminario, cunha capacidade aproximada de 40 persoas, así mesmo, conta cuns 20 laboratorios, cunha capacidade mínima de 20 postos. Ademais conta con dúas aulas de informática para a docencia.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:
Unha aula de informática de acceso libre que está dotada con ordenadores.
Dúas salas de estudo.
O centro dispón dunha Biblioteca, que consta dunha sala de lectura con máis de 200 postos.
Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.
A Facultade de Óptica e Optometría conta con 6 aulas de docencia de propósito xeral, 1 Laboratorio para Materias Básicas, 1 Laboratorio de Óptica, 1 Taller de Óptica Oftálmica, 1 Laboratorio de Materiais Ópticos; xunto con 5 Gabinetes de Optometría, 3 Gabinetes de Contactoloxía e 1 sala de Rehabilitación Visual e Baixa Visión, así coma 1 Sala Multiusos para Optometría.
O centro dispón ademais de servizos asistenciais autorizados:
* Clínica de Optometría (Centro Sanitario Autorizado pola Consellería de Sanidade con nº: C-15-002430 para atención clínica a pacientes; no que se imparten as materias clínicas específicas da titulación (Clínica Optométrica I – Clínica Optométrica II –Clínica Optométrica III), dotado con 3 Gabinetes de Exploración Clínica e unha zona de investigación clínica .
* Servizo de Perda Sensorial Dual (Rexistro de Centros Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia co número E-15-001297 para atención e cribaxe de adultos maiores e nenos).
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha Aula de Informática de acceso libre, dotada con ordenadores.
A Biblioteca conta cunha sala de lectura con capacidade para mais de 110 alumnos, dependente da Biblioteca Intercentros Facultade de Física – Facultade de Óptica e Optometria.