Ir o contido principal

Monográficos Iacobus VII

Encontros coas coleccións do Museo de Pontevedra

17.12.2025-18.12.2025

Museo de Pontevedra
Edificio Castelao

Grupo de investigación Iacobus
Museo de Pontevedra

Encontros coas coleccións do Museo de Pontevedra
Encontros coas coleccións do Museo de Pontevedra

Os Monográficos Iacobus, cursos que abordan a historia da arte e do patrimonio cultural galego desde diversas perspectivas, nacen co propósito de estreitar os vínculos entre a investigación desenvolvida na universidade e as institucións museísticas galegas e achegarlle este coñecemento ao conxunto da sociedade. O seu formato combina dúas partes. En primeiro lugar, un ciclo de conferencias, no que investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais do ámbito museístico abordan de maneira monográfica a obra dunha ou dun artista ou peza presente na colección do museo. Unha segunda parte dedícase ao encontro directo coas obras, na que as e os relatores afondan na súa explicación tendo a materialidade dos obxectos diante. Esta formulación favorece unha relación máis inmediata coas pezas e ofrécelle ao público unha comprensión máis completa das producións artísticas.

Esta sétima edición concíbese, ademais, como unha homenaxe ao profesor Ramón Yzquierdo Perrín, cuxo recente falecemento deixou unha profunda pegada en todas as persoas que traballan no campo da historia da arte. Mestre, compañeiro e referente na investigación, o seu legado intelectual seguirá orientando as futuras xeracións de historiadoras e historiadores da arte en Galicia. A el lle dedicamos este ciclo de conferencias en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu labor.

 

Organizan:

Museo de Pontevedra

Grupo de Investigación Iacobus. Proxectos e Estudos sobre Patrimonio Cultural da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Formato:

Presencial. Rexistraranse en vídeo as intervencións para poñelas á disposición das persoas interesadas na páxina web do encontro.

 

Dirección:

Sara Carreño López (USC)

Diana Duo Ramila (Museo de Pontevedra)

Agar Ledo Arias (Museo de Pontevedra)

 

Secretaría:

Raquel Torres Fernández (Museo de Pontevedra)

Juan Carlos de la Vega Castiñeiras (Museo de Pontevedra)

Pilar Moreira Díaz (Museo de Pontevedra)

Juan García Touriño (Museo de Pontevedra)

 

INSCRICIÓN

Inscrición gratuíta. Emitirase certificado dixital de asistencia por 15 horas.

Data límite de inscrición: 14 de decembro. 

Ligazón para a inscrición

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2025.