Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Historia (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia, arqueología, geografía, filosofía y humanidades.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

No momento actual, nun mundo complicado e múltiple, o estudo da Historia é un lugar de privilexio dende o que afrontar a necesidade de comprendelo para poder actuar nel. O ensino da Historia como simple crónica dos acontecementos debe deixar paso á perspectiva crítica, facendo sitio ao ensino dos valores das diferentes sociedades e épocas, para aprender a aprecialos, respectalos e aprender deles.
A principal saída laboral dos titulados en Historia é, como non podía ser menos, a docencia, aínda que destacan ademais o traballo arqueolóxico.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 1500034
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 100

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA
    marco.garcia.quintela@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Miguel Cabo Villaverde
    miguel.cabo@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 15/07/2024 (DOG 24/07/2024)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    09/07/2024

  • O plan de estudos organizarase en catro cursos de 60 ECTS cada un, o que resulta en 240 ECTS que debe cursar o alumnado en total para completar o Grao.
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 144
    • Optativas: 33
    • Traballo fin de Grao: 6
    o Total: 240
    No caso dos créditos optativos (30) o estudantado terá que escoller 2 materias optativas en 3º (de entre as 6 ofertadas nese curso) e 3 materias optativas en 4º (de entre as 6 ofertadas nese curso).

  • · Proporcionar un coñecemento racional e crítico do pasado para alcanzar unha mellor comprensión do presente
    · Ofrecer unha aproximación integral ao estudo do pasado, que inclúa as dimensións política, social, económica, ambiental, tecnolóxica e cultural.
    · Coñecer os principais debates historiográficos segundo contextos, temas e períodos coa finalidade de reflexionar de forma crítica sobre o pasado.
    · Contribuír ao recoñecemento crítico da diversidade histórica e cultural.
    · Entender criticamente os factores e axentes que configuraron as sociedades actuais, e con eles as principais claves explicativas do presente.
    · Contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia cívica e a inculcar actitudes de tolerancia e respecto polos puntos de vista que se derivan de diferentes tradicións históricas e culturais.
    · Educar nos valores de igualdade de xénero e non discriminación, a través do coñecemento da loita por alcanzalos nos diferentes momentos históricos.
    · Proporcionar un coñecemento preciso dos acontecementos e dos procesos de cambio e de continuidade nunha perspectiva diacrónica.
    · Adquirir un coñecemento básico dos principais métodos, técnicas e instrumentos de análises do traballo histórico/da investigación histórica.
    · Adquirir un coñecemento básico das novas tecnoloxías dixitais e das posibilidades que a súa aplicación ofrece ao traballo historiográfico.
    · Expresar con claridade ideas e razoamentos, tanto por escrito como oralmente.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
    En canto a programas de axudas á mobilidade propios da Universidade de Santiago de Compostela, existen na actualidade os seguintes:
    · Programa de bolsas de mobilidade para Universidades de Estados Unidos e Puerto Rico integradas na rede ISEP
    · Programa de bolsas de mobilidade para Universidades de América, Asia e Australia coas que se teñen establecido convenio bilateral
    · Programa de bolsas de mobilidade Erasmus para Universidades de países europeos
    · Programa de bolsas de mobilidade Erasmus Mundus External Cooperation Window (EMECW) para Universidades de Asia Central.
    · Convenios e cartas de interese dos clústeres TIC e Audiovisual a nivel autonómico, así como de CRUSOE e TimeMachine.

    Prácticas

    As Prácticas Académicas Externas (PAE) sitúan ao alumnado en escenarios profesionais reais que favorecen a adquisición de coñecementos e a posta en práctica das habilidades e destrezas necesarias na súa futura inserción laboral. Neste contexto, o alumnado observa, analiza, reflexiona e aprende a tomar decisións e a actuar. Permítenlle, ademais, achegarse ao mundo profesional desde diferentes dimensións e ao desenvolvemento, nun contexto espazo-temporal concreto, das competencias profesionais fundamentais da titulación. As prácticas académicas externas son de carácter voluntario.
    A Facultade de Xeografía e Historia da USC conta cun amplo número de convenios de prácticas externas activos e renovados no ano 2022. Pódense consultar na seguinte ligazón:
    https://pro-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/s8T-h8RDTFyd2QjPCSPNWGGxc-i… %282022%29.pdf

  • Elaboración dun traballo individual no que o alumnado demostre a adquisición e o manexo dos coñecementos, habilidades, destrezas e competencias proporcionados no transcurso da titulación. Tratarase dun traballo de iniciación á investigación, no que se poderán manexar fontes de diversa natureza, así como desenvolver tarefas de procura e revisión bibliográfica que permitan a culminación dun proxecto orixinal no que se demostre a capacidade de ordenar a información, a calidade da redacción e a habilidade para construír un discurso propio ao redor de calquera dos diferentes ámbitos de estudo historiográfico.
    A avaliación realizarase por parte de tribunal e/o titor (segundo o procedemento establecido), despois dun acto de defensa pública do Traballo valorando a correcta realización e presentación do traballo e a capacidade de argumentación ás cuestións que se lle poidan expor polo tribunal e/o titor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.