Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Historia da Arte (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Historia del arte y de la expresión artística, y bellas artes.
Centro(s)
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade, 1, 15703
Santiago de Compostela
881812585 (Conserxaría)
881812589 (Decanato)
zhisdeca@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

A Historia da Arte é unha disciplina científica e humanística que ten como obxectivo principal a análise da produción artística, dos seus procesos de creación e recepción, así como a súa contribución social dentro da Historia da Cultura. Nos últimos anos, experimentou notables avances disciplinares en campos afíns como a Historia da Música, Historia do Cine e do Audiovisual, Historia, Literatura, Filosofía ou Xeografía, así como noutros campos como o Patrimonio Cultural, a Museoloxía, os estudos de Xénero, o ámbito do Audiovisual e a publicidade.
A Historia da Arte constitúe unha parte esencial na formación dos científicos e profesionais inscritos en todas aquelas disciplinas vinculadas co coñecemento do home e da súa condición de ser cultural.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 1500224
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 90

    Decano/a ou director/a do centro:
    MARCO VIRGILIO GARCIA QUINTELA
    marco.garcia.quintela@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Maria De Fatima Diez Platas
    fatima.diez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 15/07/2024 (DOG 24/07/2024)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    09/07/2024

  • O plan de estudos organizarase en catro cursos de 60 ECTS cada un, o que resulta en 240 ECTS que debe cursar o alumnado en total para completar o Grao.
    • Formación básica: 84
    • Obrigatorias: 114
    • Optativas: 36
    • Traballo fin de Grao: 6
    o Total: 240

  • O plan de estudos distribúese nos seguintes módulos:
    • Historia e Xeografía.
    • Música.
    • Historia do Cinema e outras artes Audiovisuais.
    • Coñecementos sistemáticos e teóricos do feito artístico.
    • Coñecementos básicos e aplicados do feito artístico.
    • Patrimonio Cultural
    • Coñecementos da Historia da arte Xeral.
    • Prácticas académicas externas.
    • Traballo Fin de Grao.
    Os 240 créditos distribúense en 4 cursos de 60 créditos divididos en 2 semestres.
    En 3º e 4º repártese a oferta de optativas. En concreto no segundo semestre de 3º contémplase a realización optativa de Prácticas Académicas Externas.
    O 4º curso está configurado por materias obrigatorias e optativas e os 6 créditos do Traballo Fin de Grao obrigatorio.

  • En termos académicos e científicos, coa renovación do grao que agora se propón téntanse alcanzar catro obxectivos:
    a) Incorporar á historia da arte, a música e o cinema que xa contaban con ampla tradición nos estudos existentes ata a data na Universidade de Santiago novos contidos como a fotografía, o audiovisual, o dixital, as estéticas da vida cotiá, as manifestacións vinculadas coa cultura material e coa historia do deseño e a moda, de acordo coas tendencias internacionais que, ao amparo duns estudos visuais e culturais máis horizontais, tentan superar a exclusiva orientación da Historia da arte do século pasado cara aos discursos temporais e estilísticos, aos contidos dos Museos de Belas Artes e a arte e a arquitectura máis institucionais e académicas.
    b) Abrir o grao a un mundo global aproveitando a situación estratéxica de Galicia no Atlántico coa súa orientación cara a América, pero tamén a de España cara ao Mediterráneo.
    c) Mellorar o conxunto de coñecementos sistemáticos e básicos fomentando os saberes transversais e equiparándoo ao do resto dos estudos de Historia da arte do Estado Español e doutros países europeos. Trátase de ofertar unha formación teórico-crítica sólida cunha integración do local nun relato internacional un pouco menos eurocéntrico.
    d) Insistir en aspectos referidos ás prácticas e ao mundo profesional.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
    Realízanse sesión informativas específicas para o alumnado da Facultado dedicadas aos programas de mobilidade coincidentes coas convocatorias: unha sesión informativa sobre o programa Erasmus coa presenza do Responsable Académico de Mobilidade e a Xestora do Centro no mes de decembro, e outra específica sobre o programa SICUE no mes de febreiro. En canto aos/as estudantes de acollida, organízase unha sesión de recepción no mes de outubro, Welcome Day, na que se lles informa e orienta sobre o centro e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.

    Prácticas

    Son optativas e ofértanse no segundo semestre de 3º e poderase obter ata un máximo de 12 créditos por recoñecemento académico de prácticas externas e/ou acreditación de competencias.
    As prácticas están orientadas a situar ao alumnado en escenarios profesionais reais, que favorecen a adquisición de coñecementos e posta en práctica das habilidades e destrezas necesarias para a súa futura inserción laboral. Búscanse contextos profesionais para que o alumnado observe, analice, reflexione e aprenda a tomar decisións e actuar. Permiten ademais achegarse ao mundo profesional desde diferentes dimensións e o desenvolvemento, nun contexto espazo‐temporal concreto, das competencias profesionais fundamentais na titulación.
    As PAE contan con titorización persoal tanto polo titor profesional como polo titor académico.

  • O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos do Grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.