Ir o contido principal

Actuacións

Calquera persoa vinculada coa Universidade pode dirixirse ao valedor para efectuar unha consulta ou presentar, tanto a título individual como colectivo, queixas.

Tamén poderán presentar queixas e efectuar consultas persoas que, aínda non pertencendo á comunidade universitaria, teñan relación e intereses lexítimos na Universidade de Santiago de Compostela.

Como presentar unha queixa?

  1. As queixas, tanto individuais como colectivas, formularanse por escrito e poden presentarse persoalmente na oficia do valedor ou enviarse por correo postal, electrónico, a través do formulario da páxina web ou mesmo de calquera rexistro da Universidade.
  2. O escrito indicará: nome e apelidos, domicilio, número de teléfono, vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela e os motivos nos que se fundamenta a queixa.
  3. Quedan excluídas todas as materias que estean sometidas a procesos xudiciais ou a un expediente administrativo sancionador e os asuntos privados entre particulares.
  4. Na queixa explicaranse de xeito claro as razóns nas que se fundamenta e as xestións relacionadas realizadas con anterioridade. Acompañarase dunha copia dos documentos que teñan relación coa mesma.
  5.  Todas as queixas serán tratadas coa debida reserva e confidencialidade.

Cómo se tramita a queixa?

  1. Recibida unha queixa, no prazo máximo de quince días darase contestación motivada sobre a súa admisión ou non a trámite.
  2. Admitida a queixa, o valedor promoverá a oportuna investigación para o esclarecemento dos feitos que a motivaron solicitando os informes que considere oportunos.
  3. O procedemento remata mediante un ditame ou informe no que amosará o seu parecer sobre a queixa, facendo as recomendacións que considere pertinentes.
  4.  Todas as queixas son recollidas nun informe anual que se presenta ante o Claustro Universitario.