Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Información

Información do título

Imaxe representativa

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) no Departamento de Enxeñería Química

O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas. Obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrompidamente ao longo de todos os cursos nos que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento (RD 99/2011).

O programa parte das seguintes premisas:

  1. Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958.
  2. Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia.
  3. Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademais o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.
  4. Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento.

Datas aprobación e publicación do programa:

  • Autorización implantación Xunta de Galicia: 05/12/2013
  • Publicación BOE: 11/03/2014
  • Última acreditación: 18/05/2020
  • Nova memoria do PD: 28/04/2022

Mención: Doutoramento Internacional, Doutoramento Industrial ou Convenios de Cotutela Internacional

Réxime de estudos: Tempo parcial e tempo completo

Titulación interuniversitaria: Non

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2025.