A Olimpíada Solidaria trocará horas de estudo por euros que se investirán no tratamento da saúde mental no Congo
Do 15 de febreiro ao 15 de marzo, o estudantado poderá intercambiar o tempo que pase nas bibliotecas da USC por euros cos que se financiará a formación de profesionais para o restablecemento psicolóxico das vítimas dos conflitos bélicos na provincia de Kivu Sur
Leer másUn proxecto de alumnado da USC sobre a comunidade albina de Mozambique, candidato aos XI Premios ao Voluntariado Universitario
En febreiro coñeceranse os oito proxectos gañadores, aos que a Fundación Mutua axudará con 50.000 euros
Leer másCiencias da Comunicación e a Unidade de Atención Psicolóxica da USC suman forzas a prol da saúde mental
Unha serie de vídeos que se difundirán a través da rede social Instagram inclúen consellos para facer fronte aos exames de xeito saudable
Leer másAberto o prazo da nova convocatoria de proxectos de ApS
O prazo de presentación estará aberto ata o 8 de xaneiro de 2024. A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.
Leer más‘Enredadas no cambio’ contrasta en ADE o impacto económico e social das iniciativas emprendedoras
As mulleres emprendedoras Lurdes Herrera Toco, de Bolivia, e Sofía Vázquez Manzano, da Coruña, dan conta no centro universitario lugués dos seus respectivos proxectos da man da iniciativa da ONG Taller de Solidariedade ‘Enredadas no cambio’
Leer másA USC apuntálase como a universidade con máis alumnado voluntario de España
O Estudo sobre Voluntariado Universitario, elaborado pola Fundación Mutua Madrileña, evidencia que a institución compostelá contabilizou a participación de 2.677 estudantes neste tipo de actividades o pasado curso
Leer másO certame ‘Móvete polos ODS’ sensibilizará o alumnado arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Ata o 30 de setembro, poderán presentarse traballos a este certame promovido por USC, UDC e UVigo
Leer másConvocatoria da IV edición concurso de vídeos "Móvete polos ODS"
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o IV Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”, co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.
A Semana Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento profunda no potencial transformador das universidades públicas
A USC acolle a segunda xornada deste encontro promovido polas tres universidades galegas a través da RGCUD que busca reforzar o seu papel como axentes de cooperación e crear sinerxías conxuntas cara ao desenvolvemento de accións no marco da Axenda 2030
Unhas xornadas achéganse ao fenómeno da cooperación ao desenvolvemento na contorna universitaria
O foro organizado por USC, UDC e UVigo explorará os principais actores da cooperación co obxecto de reforzar o papel das universidades públicas como axentes de cooperación e crear sinerxías conxuntas que xeren efecto multiplicador das accións desenvolvidas no marco da Axenda 2030
Leer másUn proxecto de aprendizaxe-servizo afonda no potencial da artesanía na inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) e o proxecto 'Hermés' colaboran con Artesanía de Galicia na xornada ‘Educación, Artesanía e Inclusión: novos desafíos para vellas demandas’
Leer másA Olimpíada Solidaria de Estudo recada axuda humanitaria ata o 24 de marzo
As persoas usuarias das bibliotecas da USC poden rexistrar o seu tempo de estudo a través dun código QR situado na entrada da biblioteca e que permite que, por hora rexistrada, se doe 1 euro
Leer másA USC lembra coa Rede Lucense de Voluntariado os 15 anos desta entidade social cunha mostra no Museo Provincial
A exposición aberta á participación cidadá ‘Trazando solidariedade, 15 anos de traballo en rede’, inaugurada este venres co gallo do Día Internacional do Voluntariado, permanecerá aberta ao público ata finais de xaneiro
Leer más