Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

Inscrición ata o 7 de setembro de 2025
Coro da Universidade

O Coro da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo musical da Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura no que poden participar aquelas persoas que teñan interese en formarse no eido do canto coral. As persoas seleccionadas poderán participar no grupo residente que ensaiará os martes de 19:30 a 21:15 (agás nos períodos de exames) e os xoves programados coa directora convidada ou director convidado de 19:30 a 21:15 na Facultade de Ciencias da Comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse.

O Coro será unha agrupación de voces mixtas: Soprano, Contralto, Tenor e Baixo

A través desta convocatoria seleccionaranse os membros activos e os reservas. Os reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro do CUSC, sendo efectiva ata xuño de 2026.

  • Quen pode participar?*

    • Comunidade Universitaria da USC (estudantado, profesorado e PAS)
    • Integrantes doutros coros e agrupacións vocais
    • Estudantes de conservatorios e instrumentistas de todo tipo e estilo
    • Cantantes de calquera estilo musical: tradicional, jazz, pop, teatro musical, etc
    • Actrices e actores, docentes e profesionais da voz
    • Cantantes de formación lírica
    • Afeccionadas e afeccionados á música e amantes do canto en xeral

    * A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, tendo preferencia os membros da Comunidade Universitaria da USC. O estudantado da USC terá caracter preferente. 

    ​Como podo participar?

    Para participar no Coro da USC realizarase unha proba presencial o martes 9 de setembro ás 18:30h na Facultade de Ciencias da Comunicación onde deberán realizar unha breve interpretación a libre elección de repertorio a capella ou sen acompañamento aportado pola OCUSC (cada candidato pode dispor dos recursos propios que precise ou crea convinte para este fin), así mesmo terán que participar nun pequeno exercicio vocal coa finalidade de coñecer mellor o rexistro vocal.

    A persoa solicitante previamente deberá inscribirse a través do formulario de inscrición ata o 7 de setembro de 2025 ás 23:59h.

    Permanencia. Isto é para sempre?

    Poderase participar no CUSC un máximo de 3 cursos. Para o estudantado de Grao da USC, os créditos ECTS que se retribúen pola participación repartiranse 4 créditos por cada curso académico participado no que non se incorran faltas contempladas no regulamento da OCUSC.

    Poderase prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias, a criterio da organización da OCUSC pero sen retribución de créditos.

    Nos seguintes anos se non se cubren completamente todas as prazas as persoas candidatas poden permanecer cunha preferencia de antigüidade para as persoas integrantes que menos estancia cumpriron.

    Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación das persoas aspirantes dentro dos programas que a OCUSC realizará entre setembro e xullo do curso 2025-26, así como programas asociados que poidan xurdir.

    Que teño que facer na proba?

    • Interpretar un fragmento a libre elección a capella o no seu caso con acompañamento aportado polo candidato/a se así o dispón mediante grabación (play along) ou acompañador.
    • Realizar un breve exercicio de tonalización realizado no momento da audición sen previa preparación.

    Ata cando me podo presentar?

    • A data límite para cubrir o formulario será o 7 de setembro de 2025 as 23:59 horas.
    • Os ensaios darán comezo a partires da primeira semana de outubro de 2025 baixo as indicacións da organización que serán convenientemente informadas con anterioridade.

    Prazas vacantes no curso 2025-26:

    • Soprano: 2
    • Contralto: 3
    • Tenores: 9
    • Barítonos / Baixos: 8

    E ademais….

    Requisitos do/as coristas:

    • Demostrar un oído musical acorde co nivel esixido
    • Mostrar capacidade rítmica suficiente

    Como me inscribo para facer as audicións?

    1. Cubro o formulario de solicitude.
    2. Preséntome na Facultade de Ciencias da Comunicación o 9 de setembro de 2025 ás 18.30 h

    E cando saberei se estou admitido/a?

    A OCUSC reservase o criterio e decisión final das persoas admitidas e anunciará o resultado nunha listaxe que se publicará na páxina web da USC.

    Boa Sorte e animádevos a facer música xuntas e xuntos!

    "Sen música a vida sería un erro."
    Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filósofo alemán.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.07.2025.