Soporte á infraestrutura técnica que soporta as licenzas corporativas, difusión do coñecemento dos produtos de código aberto (open source), facilitando o seu acceso á comunidade universitaria e da soporte ao desenvolvemento estatístico relacionado coa Área (estatísticas externas, traballos e enquisas, etc).
A USC dispón dun amplio catálogo de software dispoñible tanto para o estudando como o PDI ou PAS.
O máis destacado é todo o paquete de Microsoft 365 dispoñible na súa modalidade A3 para todos os membros da USC con varias licenzas tanto para uso en equipos da USC como equipos particulares, para a súa utilización recomendase acceder a través de http://nube.usc.gal
Nos equipos da USC tamén están dispoñible numerosos paquetes informáticos de Software Libre.
As aplicacións con licenza específica están dispoñibles intentando que todas elas estean dispoñible para todos os membros da USC, pero non sempre é posible polo que cada aplicación ten unhas condicións diferentes de instalación e uso.
Os membros da USC poden obter toda a información necesaria na páxina correspondente do SharePoint da Área TIC: Software (sharepoint.com) ou a través do CAU (ext. 55555 ou cau [at] usc.gal (cau[at]usc[dot]gal))