Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS.
-
Ubicación
SantiagoModalidad
PresencialDuración
Horas presenciales: 12
Total: 12Matrícula en la actividad
08/10/2024 - 15/10/2024Desarrollo de la actividad
22/10/2024 - 07/11/2024Profesor/a externo/a
Noelia Rodríguez Álvarez -
Grupo Lugar Fechas Horario ¿Cómo transferir a miña tese á sociedade? Formación en habilidades innovadoras (Santiago) Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre 22 e 31 de outubro, 5 e 7 de novembro de 2024 de 9:30 a 12:30 horas - O curso está deseñado para o desenvolvemento de habilidades de innovación e mellora das competencias de transferencia dos doutorandos, co fin identificar espazos e crear redes de colaboración co ámbito empresarial e social. Deste modo, mediante a metodoloxía Design thinking coñecerán os recursos necesarios para trasladar a súa tese á sociedade de forma innovadora. Está enfocado a adquirir novas habilidades de innovación social e competencias dixitais, dende un enfoque práctico de aprender facendo. Os participantes desenvolverán tamén habilidades de traballo en equipo, comunicación profesional, identificar oportunidades de mercado e o desenvolvemento de novas ferramentas dixitais.
-
- Aplicarase a metodoloxía de Design Thinking para a resolución dun reto real: como transferir as investigacións á sociedade e identificar novas formas de colaboración e aportación de valor entre a Universidade e a empresa.
- Os participantes, aprenderán dun xeito ameno a traballar con esta metodoloxía, que poderán aplicar aos seus traballos de investigación, así coma a outros retos que se lles plantexen a futuro. Levaremos a cabo 4 talleres de 3 horas cada un, cos seguintes contados:
Xornada 1: Comprender o contexto: mercado, cliente e organización
Xornada 2: Ideación e deseño de solucións
Xornada 3: Prototipado e testeo
Xornada 4: Comunicación efectiva de proxectos
Presentación final de solucións (formato PITCH)
- A superación dos módulos requerirá que a/o alumna/o realice as actividades relacionadas cos contidos, e propostas polo profesorado.
-
Noelia Rodríguez Álvarez, Fundadora e directora en The Beta Factor. Desenvolve a súa atividade profesional como asesora e formadora nas áreas de Innovación estratéxica, Deseño de negocio (Business Design) e emprendemento a nivel internacional.